Nos cadros das RPTs actuais figura na columna do complemento específico dos postos coa observación Violencia sobre a muller (VSM) unha contía máis baixa da que aparecía nos anteriores borradores das RPTs que nos tiña remitido a DXX.
Dende STAJ trasladamos a consulta á DXX, que nos informou do seguinte:
"Bo día,
Nas versións previas no complemento específico dos postos de VSM se incluía o CAT e o complemento de productividade por VSM. Dado que o complemento específico é equivalente ao CAT, só pode figurar o importe deste na RPT, motivo polo que se eliminou o importe correspondente ao complemento de productividade.
Este importe se seguirá percibindo como complemento de productividade.
Un saúdo,"
Polo tanto, cambia o concepto no se se inclúe a cantidade, pero a cantidade vaise seguir a cobrar.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras