Cando nos xornais
pregúntaselles aos políticos sobre este tema, afirman “que son conscientes das
deficiencias actuais polas que atravesan os xulgados de violencia de xénero”, "que
é necesario crear xulgados de violencia de xénero que se dediquen de maneira en
exclusiva" entón cal é o problema?, porque non crean máis? fíxanse unicamente
nas estatísticas, nos números que non indican realmente o problema que teñen
que soportar os traballador@s destes órganos xudiciais. Hoxe queremos expoñer
aqueles que ao noso entender son os problemas que a diario teñen que soportar
os nosos compañeir@s:
Ø Sobrecarga de traballo: As novas competencias nos xulgados de violencia que estableceu a Lei Orgánica 7/2015 do 21 de xullo pola que se modifica a Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial (artígo 87 bis e artículo 87 ter), na que se inclúen os delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a honra das mulleres, así como o delito de quebrantamento de condena ou medida cautelar, por unha parte, e por outra, á de funcionar como xulgado de garda durante as horas de audiencia, provocou unha sobrecarga no traballo nestes xulgados.
En Galicia existen dous xulgados exclusivos, na Coruña e Vigo, non se cumpre coa norma na que se establece a existencia dun ou máis xulgados especializados en cada partido xudicial, con sede na capital e xurisdición en todo o seu ámbito territorial, e que pasa nos partidos xudiciais?, canto máis pequenos, non só levan violencia, senón que levan outros asuntos, de maneira que non existe unha especialización nin formación.
Por
iso, STAJ, é ben sabido, así o demostran
a nosa cantidade de escritos, que leva tempo solicitando funcionarios de
reforzo de todos os corpos: Xestión, Tramitación Procesual e auxilio xudicial,
e que agora é confirmado pola Sala de goberno do TSJ de Galicia no que se solicita á Xunta que
para poder soportar o aumento de traballo coas debidas garantías e para
garantir a calidade do servizo público destes órganos xudiciais é necesario que
se reforcen con máis persoal.
Por outra
banda, outra solución é o que está por vir, e referímonos ao que recentemente
aprobouse polo Pleno do CGPJ emitindo un
informe, referímonos ao anteproxecto de Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa
do Servizo Público de Xustiza na que, entre outros, expón comarcalizar;
pero que significa exactamente? "agrupar varios xulgados que estean preto
e facer un único de violencia que estea especializado e comprenda varios
partidos xudiciais", isto é, nas capitais de provincia, os xulgados de
violencia son exclusivos e só levan eses asuntos ( aprobación
pleno CGPJ).
Ø Carencias materiais, informáticas e falta de persoal: A falta de persoal ocasiona continuos atrasos, xa que en numerosas ocasións a vítima de violencia debe acudir ao Xulgado a unha hora determinada cumpríndose o devandito “sábese cando entras, non cando saes”, ás veces agrávase a situación cando a vítima acode con nenos pequenos, sendo os propios funcionarios os que os atenden mentres a nai presta declaración.
Por outra
parte, as aplicacións informáticas van lentas, non falemos cando hai que facer
un volcado dunha conversación ou dunha mensaxería de whatsapp, porque iso
tradúcese en maña e media...
Ø Situación de garda diaria en asuntos de violencia de xénero: Aqueles xulgados sen exclusividade en competencia en materia de violencia, poñamos Negreira, Arzúa, etc. onde non hai ninguén que poida suplilo xuíz, paralízanse tódalas declaracións e xuízos porque ten preferencia unha violencia de xénero polo tanto ese día hai unha paralización no resto de causas debido á situación de garda diaria, o que provoca que case a diario a xornada dos traballadores esténdase fose do horario de audiencia.
Ø Esgotamento físico e psíquico: As prolongacións de xornada ou, ás veces, o de levar os expedientes ás súas casas dá como consecuencia un estrés insoportable diario, que non está pago e que acaba por producirse circunstancias, nos mellores dos casos, tales como traslados, substitucións ou baixas por incapacidade que, debido a unha administración lenta, non serán cubertas ou si o son, con moita demora.
Ø Outro dos problemas que STAJ exixe é a protección dos dereitos de privacidade e intimidade das vítimas.: Os edificios non están deseñados para esta materia, en concreto en Santiago de Compostela temos un pequeno cuarto chamado de VIOGEN cando hai unha violencia todo vai ben, pero o día que hai dúas violencias que son moitísimas veces métese a vítima noutra sala, totalmente descoordinado; é dicir dende un punto de vista estrutural do edificio, a administración todo son palabras pero non se fai unha dotación orzamentaria para poñer arranxo a este caos.
Ø Falta de formación específica: Os traballadores (Xuíces, LAJS, Xestores, Tramitadores e Auxilios) alí destinados a que se formen especificamente nunha materia tan complexa, non teñen tempo de asistir a cursos de formación, algo que é fundamental para prestar un servizo público de calidade ás vítimas.
Ø O equipo técnico: Esta figura que forma parte do IMELGA é unha parte esencial nos asuntos que levan os xulgados de violencia e a día de hoxe, non teñen "exclusividade en materia de violencia de xénero", é dicir non existe un equipo específico e único para esta materia. Por exemplo, en Santiago de Compostela o equipo psicosocial está composto por 6 persoas: 3 traballadoras sociais e 3 psicólogos, que se dividen en concreto en tres equipos psicosociais, cada un deles formado por unha Traballadora social e un Psicólogo/a, un destes equipos leva a cabo asuntos relacionados coa materia penal e entre outros, teñen encomendado a realización dos informes psicosociais relacionados coas vítimas da violencia de xénero de: partido xudicial de Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Noia, Muros, Ribeira, Ordes, Arzúa, Lalín e A Estrada, non falla ser moi avispado para dicir que existe un colapso na realización dos informes psicolóxicos, e a “carioca que se morde a cola”.
Pensamos que
hoxe por hoxe o éxito de que saian adiante este tipo de xulgados, non está na
administración que mira só para os medios de comunicación, senón que está no traballo esgotador dos funcionarios/as
que alí están destinados, do traballo impagado tanto dos xuíces (xuíza) (neste
caso Santiago), como de tódolos funcionari@s e tamén hai que dicilo, dos
policías, dos avogados de oficio, que con
admirable profesionalidade teñen que esperar horas e horas para ser atendidos, portándose cunha conducta exemplar.
Por todo o
exposto, dende STAJ imos SOLICITAR a convocatoria dunha mesa de negociación
e que sirva este escrito como exposición da realidade pola que están a
atravesar este tipo de xulgados e buscar solucións modernas, practicas e
acordes cos tempos de avanzada tecnoloxía no que nos movemos.