martes, 9 de noviembre de 2021

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución


Saíu publicada, con data do 09/11/2021, a
 Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.

Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (10, 11 e 12 de novembro de 2021).





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras