Fai máis de quince días que se
produciu unha incapacidade temporal dunha funcionaria do corpo de tramitación
procesual e administrativa pertencente ao persoal do Xulgado de Instrución nº 1
de Ferrol. Esta baixa é consecuencia dunha intervención cirúrxica urxente,
habéndose expedido (como estima o procedemento) un parte inicial de 15 días,
sendo renovables os seguintes partes cunha duración dun mes, a día de hoxe xa
presentou a funcionaria o segundo parte de baixa. A duración desta incapacidade
temporal prevese non inferior a 4 meses.
A localidade de Ferrol está
soamente dotada de tres xulgados de Instrución, os cales realizan gardas
semanais, e cuxa persoal está totalmente desbordada dado o gran volume de
asuntos que se xeran nas gardas de permanencia á parte dos propios que entran
pola repartición correspondente.
Este sindicato tivo
coñecemento que a Letrada da Administración de Xustiza deste xulgado, realizou
a petición mediante a aplicación Opax en canto tivo coñecemento da devandita
ausencia, dada a urxencia coa que se necesita.
O persoal do Xulgado de
Instrución nº 1 non pode facerse cargo do traballo da devandita praza pola elevada carga de
traballo á que está sometido, tendo que realizar a última garda con menos
persoal que o legalmente previsto. A seguinte garda que lles corresponde
realizar por calendario establecido é a do 19 ao 26 de outubro de 2021.
É totalmente imprescindible e
urxente o nomeamento dun tramitador/a procesual e administrativo para o Xulgado
de Instrución nº 1 de Ferrol para que non supoña un atraso no trámite dos
procedementos, que prexudica aos profesionais e público en xeral.
Por todo isto SOLICITAMOS ofértese en substitución entre titulares con carácter urxente a praza do corpo de tramitación
procesual e administrativa para o Xulgado de Instrución nº 1 de Ferrol.