viernes, 16 de julio de 2021

STAJ solicita o nomeamento urxente dun auxilio xudicial para Instrución nº 1 Ferrol

A semana pasada produciuse a incapacidade temporal da funcionaria de auxilio xudicial do Xulgado de Instrución nº 1 de Ferrol, esta baixa laboral prevese que teña unha duración mínima dun par de meses. O Xulgado de Instrución nº 1 de Ferrol realiza gardas semanais de permanencia, e o seu persoal está dotada dun só auxilio xudicial, como o resto de xulgados da localidade. Este sindicato tivo coñecemento que a Letrada da Administración de Xustiza que está a substituír á Letrada titular por vacacións, realizou a petición mediante a aplicación Opax, en canto tivo coñecemento da devandita ausencia, dada a urxencia coa que se necesita.

Estamos en pleno período estival, e o persoal do Xulgado de Instrución nº 1 non pode facerse cargo da devandita praza, nin por funcións, nin por dispoñibilidade, nin por carga de traballo. A seguinte garda que lles corresponde realizar por calendario establecido é a do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2021.

É totalmente imprescindible e urxente o nomeamento dun auxilio xudicial para o Xulgado de Instrución nº 1 de Ferrol, dado que é o que realiza a gravación dos xuízos rápidos entre unha das súas moitas funcións dentro da realización das gardas xudiciais, producíndose un atraso no trámite dos procedementos, que prexudica aos profesionais e público en xeral.

Por todo isto SOLICITAMOS que se nomee con carácter urxente un/unha funcionario/a do corpo de auxilio xudicial para o Xulgado de Instrución nº 1 de Ferrol.

Ver escrito e xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras