viernes, 16 de julio de 2021

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral 16-07-2021

Hoxe tivo lugar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, presidido polo Director Xeral de Xustiza, coa orde do dia seguinte:

Información COVID 19

Información Cidade da Xustiza de Vigo

Deixámosvos a información e os temas de interese que se trataron na reunión:

INFORMACIÓN COVID-19: Infórmannos que a incidencia Covid-19 en saúde laboral da Administración de Xustiza galega é paralela á da sociedade, producíndose un lixeiro incremento no  último mes.  

Datos facilitados:

CONFINADOS:

Positivos: 9 persoas

Contactos directos: 22 persoas    

Un procentaje xeral do 0,24 % en relación ao total do persoal.

EPIS: Con respecto as medidas e medios de seguridade ou Director Xeral asegurou que se seguen enviando remesas de máscaras quirurjicas, FFP2, xeles hidroalcohólicos, biombos e batas refugables para o persoal de limpeza que atende aos calabozos. O STAJ volveu insistir na dotación de máscaras FFP2 para todo o persoal destinado nos Rexistros Civís, Xulgados de Paz, Decanatos, Imelgas, Oficinas de Atención á Vítima, Rexistro e Repartición, e persoas vulnerables por ter patoloxías que poden agravar a contracción dá enfermidade dá COVID. 

CONTRATO DE LIMPEZA: Vai tramitar un novo contrato e mentres tanto prorrogarase o actual para os meses de agosto e setembro. Garántennos que as medidas de limpeza van seguir de momento.

DESFIBRILADORES: Así como solicitou o STAJ no Comité de hoxe, e en múltiples ocasións, comunícannos que teñen previsto a instalación dos mesmos, sendo o principal problema buscar unha persoa responsable en cada ámbito.

MEDIDORES CO2: Volvemos solicitar a instauración de medidores en cada un dos edificios xudiciais para garantir e extremar as medidas de ventilación, respondéndonos que non está nada previsto neste tema.

TELETRABALLO: Segue en vigor segundo a disposición JUS 504/20 de 5 de xuño do 2020, o borrador do teletraballo está finalizado e seguirá unhas pautas moi similares á actual normativa. A Xunta ten previsto adquirir 1415 portátiles para facilitar os medios materiais. 

CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO: Estiman que as obras finalicen para outubro deste ano, despois teñen que obter a licenza de primeira ocupación, e a partir de aí comezará o traslado do persoal, sen concretar a data de inicio por depender da concesión da licenza. Comezaron a amoblar para ir gañando tempo. A distribución será a seguinte:

ANEXO:

No denominado Anexo, van servizos e óganos comúns; Xulgado de Garda, Atención a Victima, Atención ao Cidadán, Xulgado de Violencia de sobre a Muller (con sala de vistas independente, etc).

No 2º andar: SCNE.

Decanato con 3 salas para videoconferencias, Colexios de Procuradores e Avogados.

No 3º andar: Sala de Formación, Rexistro e Reparto, Colexio de Graduados Sociais y Organización Sindicais

No 4º andar: Xunta Electoral e Sala Prensa.

TORRE:

Semisótano: Imelga

Entre o 2º e 4º andar: Xulgados de Instrución en función das súas substitucións

No 7º andar: Xulgados do penal.

Do 8º ao 13º andar: Xulgados de 1ª Instancia.

Do 14º ao 16º andar: Xulgados do Social.

No  17º andar: Xulgados do Contencioso.

No 18º andar: Xulgado do Mercantil.

APARCAMENTO: 306 prazas para vehículos; 90 prazas para motos. Non teñen decidido se a repartición será proporcional aos corpos ou en función da orde de chegada.

A previsión de entrada en funcionamento non será antes do verán do 2022.

Organizarase unha visita cos sindicatos mediante a Xunta de Persoal.

BETANZOS: Trasladarase a Fiscalía ao habitáculo que ocupa o Decanato, e este mudarase ao despacho da Fiscalía para poder situar ao novo persoal de reforzo nomeado, grazas ás peticións realizadas polo STAJ.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras