martes, 30 de marzo de 2021

Mudanza á cidade da xustiza de Vigo.

Tal e como informáramos xa desde  STAJ parecíanos moi optimista e prematuro  o traslado á nova Ciudade da Xustiza de Vigo  a inicios deste verán, que ata fai poucos días estáse barallando dende a DXX e a prensa.

A nova data que comunican dende o pasado luns, mes de novembro, parécenos mais  acertada  aínda que a debemos tomar coa consecuente cautela.

Alégranos que os letrados xudiciais  consideren  «escasas» tres cabinas para videoconferencias e reclamen, en consecuencia, máis para cubrir os servizos a realizar por mor dos exhortos.

Desta maneira  veñen a sumarse a unha   reiterada petición de  STAJ  na que mediante escrito de data 20 de xaneiro de 2021 remitido  á Sala de Goberno do  TSJ de Galicia xa  solicitábamos mais persoal destinado  no Decanato  e unha sala con múltiples e individuais dependencias pechadas onde poder centralizar as videoconferencias dos exhortos que se recibisen. Dependencias pequenas aproximadamente cuns   cinco  ou seis metros cadrados acristaladas, onde poder realizar varias videoconferencias de forma simultánea atendidas por un ou dous funcionarios.

Evitaríase que se  turnasen a  distintos xulgados,  e ter que realizar as videoconferencias en cada un dos  exhortados.

No devandito escrito solicitábamos igualmente outras dúas cuestión: unha oficina de Apud-Actas, para que estivesen centralizadas no Decanato todos os días da semana nun horario determinado  cun letrado/a que se  encargase da firma, isto constituiría un sistema que liberaría aos xulgados do turno actual de apud-actas centralizándolo nun servicio totalmente especializado; e un Servizo de Apoio que realice as funcións propias para as que foi creado. Neste cuestión recordámoslle a Dirección Xeral de Xustiza que STAJ iniciou a nivel gallego a  solicitude de creación de oficinas de rexistro e reparto con entidade e funcionarios propios, que actualmente está en fase de subcomisión no TSXG fase de subcomisión no TSXG co fin de examinar as necesidades de persoal para dita solicitude, e que liberaría aos funcionarios do servizo común de apoio que están en reparto para poder cumplir coa función de auxiliar no resto dos xulgados que o precisen, a súa función principal.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras