martes, 30 de marzo de 2021

EGAP: Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 31 de marzo ao 9 de abril de 2021

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 h.

Datas: do 20 de abril ao 17 de xuño de 2021.

Proba final: o día 17 de xuño ás 10.00 horas, con certificado de aproveitamento.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na zona de matrícula da EGAP desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

VER DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras