Saiu publicada, con data 01/02/2021, a resolución do Director Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, relativa á oferta publicada o 18/01/2021
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.
O resultado da convocatoria é o seguinte:
- Xdo. de Prim. Inst. e Instr. núm. 1 de Ribeira: CTPA- Sen peticions , será ofrecida a persoal interino.
- Xdo. do Penal núm. 2 de Santiago: CXPA- Cuberta por M.A.F.C., CTPA de Santiago
- Xdo. de Prim. Inst. núm. 3 de Lugo: CTPA- Cuberta por D.M.C., CAX de Lugo
- Xdo. de Instr. núm. 1 de Pontevedra: CTPA- Cuberta por C.G.L., CAX de Pontevedra
- Xdo. do Social núm. 3 de Vigo: CTPA- Cuberta por V.F.G., CAX de Vigo
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras