martes, 2 de febrero de 2021

Nova ferramenta en Xustiza para obter os xustificantes de recepción de Correos

No día de hoxe publicase na Intranet unha nova na que se nos comunica que se habilitou para todos os órganos xudiciais de Galicia a posibilidade de enviar e descargar electrónicamente as confirmacións de recepción (probas de entrega electrónica) a través do servizo de correos, suprimíndose así as cartolinas de cor rosa.

O envío de comunicacións con confirmación da recepción a través de Correos permite a descarga do xustificante de entrega por medios electrónicos e facilita a súa incorporación ao procedemento xudicial ao que corresponda sen necesidade de escanear ningunha documentación, a través dunha simple operación informática.

Na seguinte ligazón podes acceder á Guía explicativa da xestión destas probas de entrega electrónica. Enlace a guía


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras