martes, 16 de febrero de 2021

DESFIBRILADORES UNHA NECESIDADE VITAL

    Pois ben a día de hoxe, e van cumprir case cinco anos, en ningún xulgado, das catro provincias que forman a Comunidade Autónoma de Galicia se instalaron este tipo de aparatos desfibriladores (DESA).

Trátase dun aparello electrónico que diagnostica e trata a parada cardiorrespiratoria, demostrando a súa efectividade e utilidade cun risco nulo, pero o máis importante é que a única posibilidade que ten a vítima de sobrevivir é que a atendan a través da aplicación do desfibrilador dentro dos 5 primeiros minutos dende o desvaecemento, axudada ademais dunha Reanimación Cardiopulmonar (RCP) ata que cheguen os servicios de emerxencias.

NON É MALO INVERTIR EN SEGURIDADE, hoxe existen 10 Comunidades Autónomas que teñen instalados este tipo de aparellos nas súas sedes xudiciais: País Vasco (DECRETO 9/2015 do 27 de xaneiro), Cataluña (Decreto 151/2012 do 20 de novembro), Andalucía (Decreto 22/2012 de 14 de febreiro), Asturias (Decreto 54/2016 do 28 de setembro), Canarias (Decreto 157/2015 do 18 de xuño), Cantabria(Orden SAN/1/2009, de 7 de enero), Comunidad de Madrid (Decreto 78/2017 do 12 de setembro), Comunidad Valenciana (Decreto 159/2017 do 6 de outubro), Navarra (Decreto Foral 6/2019 do 30 de xaneiro), Aragón (Decreto 30/2019) y Extremadura (Decreto 30/2019)

Por parte de STAJ reclamouse en numerosas ocasións a instalación destes aparatos nas sedes xudiciais das cidades de Galicia, (16/06/2016), (31/10/2017)(05/10/2018) , (28/08/2020) xa que cremos que é indispensable contar cos mesmos, dada a gran afluencia de traballadores, profesionais e usuarios que visitan diariamente os xulgados, e tamén para evitar sucesos como o acontecido e que foi publicado no xornal La Voz de galicia 15/12/2017 en Pontevedra o dia 15 de decembro de 2017 nas dependenzas do Xulgado de Instrucción.

STAJ,  SOLICITA:

Que debido a parálise legal existente, STAJ  reitera a esa  Dirección Xeral de Xustiza a urxente necesidade da instalación de desfibriladores (DESA), nos edificios Xudiciais das cidades e vilas de Galicia.

 Ver escrito presentado

Xustificante de presentación   

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras