viernes, 28 de agosto de 2020

STAJ reitera as solicitudes para a instalación de determinados servizos para os edificios de Pontevedra. Reparto prazas de garaxe.

STAJ reiterou en novos escritos dirixidos a Subdirección Xeral de Medios e mais á Xuíz Decana, as solicitudes de  determinados servizos que cremos necesarios para os edificios xudiciais de Pontevedra, solicitudes que  no seu momento viron con bos ollos tanto a propia Decana como a Xunta e se comprometeron a estudiar a súa viabilidade e posta en funcionamento, pero a día de hoxe aínda non se fixo nada:

- Pedimos de novo, que se habilite un local comedor (office), para que os traballadores/as que deben comer durante a súa xornada laboral o fagan un sitio discreto e adaptado para ese menester, que conte con varias mesas e cadeiras e que esté equipado cunha neveira, un microondas , unha sandwichera e unha cafetera de cápsulas.

- Por outro lado voltamos a pedir a concesión e a instalación de maquinas expendedoras de comida e bebidas frias e quentes (vending), para cubrir as necesidades do todo o persoal que traballa nesas sedes xudiciais, así como dos usuarios e profesionaias.

-Tamén insistimos na colocación de dispensadores de agua gratuitos (botellóns) en cada unha das prantas dos dous edificios de A Parda como na da Audiencia Povincial, tanto para traballadores como para público.

- Xa é cuarta vez que solicitamos a instalación  de desfibriladores en sitos estratéxicos de  cada un dos tres edificios  edificio xudicial de Pontevedra, incluida a Audiencia Provincial.

REPARTO DAS PRAZAS DE GARAXE DE A  PARDA.
Ainda que dende que se inaugurou o edificio novo, a Decana e varios responsables da Xunta, sempre dixeron que a reparto das prazas de garaxe se ía facer despois das obras e acondicionamento dos arquivos do edificio vello, dende STAJ loitamos para que o reparto definitivo fose canto antes, ou se repartise provisionamente para tódolos interesados , non só para algúns, non foi posible e a estas alturas seguen as prazas sen repartirse e moitos compañeiros aparacando fora, cando está a metade do garaxe libre.

Non vai ser a Decana quen leve a cabo o reparto, vai ser un órgano da Conselleria de Xustiza baixo as instruccións da DXX, non se vai adxudicar praza a ninguén, esten valorando se van a reservar un número determinado de prazas para cada colectivo, que van ser proporcionais ao número de persoas integrantes de cada grupo, en relación as prazas totais de ambos garaxes, o que suporá que o primeiro que chegue aparcará na praza que queira, dentro do espazo reservado ao seu grupo, ou como pediu STAJ en xaneiro,  se reparten tarxetas de entrada a quen as queira e non se reserva praza para niguén, podendo aparcar onde haxa unha praza libre, este sistema e igualitario e máis xusto, garantindo que nunca queden prazas sen usar, e entendemos que, como se contan con casi 290 interiores e 11 fora, poderían ser suficientes para que ninguén quedase sen aparcar o seu coche no interior. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras