jueves, 27 de agosto de 2020

ACLARACIÓNS SOBRE AS CONDICIÓNS DE XUBILACIÓN E DA XESTIÓN DE CLASES PASIVAS.

Son moitos os compañeiro/as que se interesaron, e que se  preocuparon, pola publicación do Real Decreto-Lei 15/2020, do pasado 22 de abril, no que se inclúe o traspaso da xestión das Clases pasivas ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Dende STAJ, debido a esta preocupación pedímoslle ao Ministerio unha reunión para que nos explicase si eran certos ou non os rumores e noticias que circulan sobre o empeoramento das condición para a nosa xubilación, ao día de hoxe aínda non temos data para esa reunión, pero dado o interese e preocupación dos compañeiros/as, para tranquilizalos na medida do posible vos deixamos, resumidas, as aclaracións que nos fixeron varios técnicos da Seguridade Social  consultados por este sindicato.

O que recolle o Real Decreto é o traspaso da xestión (tramitación, recoñecemento e pago) das pensións de Clases pasivas, que en vez de estar a cargo do Ministerio de Facenda, a través da Dirección Xeral de Custos de Persoal, estará a cargo do Ministerio da Seguridade Social, a través do Instituto Nacional da Seguridade Social (a súa Tesourería), que será o encargado do pago das pensións aos xubilados de Clases pasivas. Non di nada, non cambiou nada, respecto dos requisitos e condicións para acceder á xubilación, algo sobre o que volveremos máis adiante.

Desde Facenda farase unha transferencia de orzamento para facer fronte ao pago das pensións. Lembremos que o diñeiro das pensións de Clases pasivas NON SAE da caixa da Seguridade social, porque non estamos encadrados na Seguridade Social e non ingresamos o diñeiro das cotizacións sociais na caixa da Seguridade Social, senón que sae dos Orzamentos Xerais do Estado. Este diñeiro dos Orzamentos Xerais do Estado seguirá pagando as pensións dos funcionarios, pero en vez de pagar o diñeiro directamente Facenda, farao o INSS, a través da súa Tesourería, mediante transferencia desde Facenda.

É dicir, que o Sistema de xubilación para quen ingresou antes do ano 2011 xa non o xestionará o Ministerio de Facenda, senón o Ministerio da Seguridade Social, pero non encadra aos funcionarios de Clases pasivas no Réxime Xeral da Seguridade Social ( RXSS), nin se lles aplica as normas e condicións do  RXSS.

Isto que se regula agora mediante este Real Decreto xa foi anunciado polo propio Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Sr. Escrivá no traspaso de carteira do seu Ministerio, o pasado 13 de xaneiro, cando dixo:
“Este Ministerio agrupará todas as competencias de pensións e clases pasivas”, “con elo perseguiremos ter unha visión de todo o conxunto do sistema de pensións, porque o noso obxectivo é reforzar a solvencia…”

En principio, con esta medida o que se pretende é ter unha visión global, en conxunto, de todos os Sistemas de pensións dentro dun mesmo Ministerio, e ata o de agora o Sistema de Clases pasivas estaba fóra. Agora ben, non por estar anunciado con meses de antelacion deixounos de sorprender as formas e o momento, aproveitando o Estado de Alarma e mediante un Real Decreto Lei que contemplaba medidas economicas fronte a covid-19. Non cremos que sexan estas as formas correctas, nin tampouco o momento oportuno. Por certo este Real Decreto Ley esta recurrido ante o Tribunal Constitucional por non ser apropiado regular esta materia mediante ese instrumento lexislativo, cando no había ningunha urxencia que o xustificara.

Respecto da cuestión que máis preocupa aos compañeiros/as, que é se van cambiar os requisitos para acceder á xubilación, equiparando a Clases pasivas co resto de Sistemas de xubilación, hai que dicir que o Real Decreto NON CAMBIOU OS REQUISITOS DE ACCESO Á XUBILACIÓN. Continúa a posibilidade de acceder á xubilación voluntaria aos 60 anos de idade con 30 anos cotizados (ben como servizos prestados na Administración, ou cotizados noutros Réximes da Seguridade Social). Lembrar, que con 30 anos cotizados non queda o 100% do Haber regulador, queda o 81,73%. Para que quede o 100% do Haber regulador hai que cotizar 35 anos.

Isto non cambiou co Real Decreto, mantense igual. Este Real Decreto non nos encadra no Réxime Xeral da Seguridade Social e non nos aplica a normativa do Réxime Xeral da Seguridade Social, nin sequera cambia o nome ao Réxime de Clases pasivas (que é un Réxime a extinguir). O que fai é traspasar a xestión (tramitación, recoñecemento e pago) desde Facenda ao INSS, incluído o complemento por maternidade (1), para ter unha visión máis global de todo o Sistema de pensións, segundo o Ministro.(1) complemento por maternidade para aquelas compañeiras que se xubilen aos 65 anos de idade e con 2  ó máis fillos.

Aínda que é certo que o Réxime Xeral da Seguridade Social ten algunhas vantaxes respecto ao de Clases pasivas, tamén ten inconvenientes. A vantaxe do  RXSS é que a contía da pensión é maior polos mesmos anos cotizados e o mesmo salario, pero a desvantaxe é que a idade de xubilación é maior tanto na voluntaria como na forzosa

A vantaxe de Clases Pasivas é a xubilación voluntaria aos 60 anos de idade e 30 anos cotizados (aínda que con 30 anos cotizados non queda o 100% do Haber Regulador, para xubilarse co 100% do Haber regulador hai que ter cotizados 35 anos). Pero a desvantaxe é que ese Haber regulador, aínda que sexa o 100% é moito menor que no Réxime Xeral (entre un 15% – 20% menos).

Hai que ter en conta que cando o funcionario está en activo o seu salario sae dos Orzamentos Xerais do Estado, e cando está xubilado a súa pensión tamén sae dos  Orzamentos Xerais do Estado (falamos dos compañeiros de Clases pasivas, porque os compañeiros titulares a partir do 01.01.2011 e os compañeiros interinos, están encadrados no  RXSS e a súa pensión si que sae da caixa da Seguridade Social).

Agora ben, isto non significa que non haxa xente, ou Partidos políticos, que consideren que o Réxime de Clases pasivas é un privilexio (sen querer saber que a contía da pensión é menor) e estean en contra del, e de igual forma que consideran que o  Mutualismo Administrativo (  MUGEJU,  MUFACE e  ISFAS) tamén é un privilexio, sen querer saber que se pode elixir o Servizo público de Saúde e que quen elixe unha Entidade médica privada non pode acudir aos Servizos públicos de saúde e se acode terao que pagar, ou que existe un copagamento de farmacia do 30 % para os xubilados, na Seguridade Socila e moito menor, ademais de que se elixe unha Entidade médica privada está a aliviar a carga do Servizo público de saúde.

O explicado só afecta os compañeiros que están encadrados no Réxime especial de Clases pasivas (que como dixemos é un Réxime para extinguir), que é o Réxime de xubilación dos funcionarios/as titulares que ingresaron antes do 31.12.2010, posto que os funcionarios ingresados a partir do 01.01.2011 están encadrados no Réxime Xeral da Seguridade Social aos únicos efectos de Xubilación (para a asistencia sanitaria están encadrados en  MUGEJU, como todos os titulares, sen prexuízo de que elixamos os servizos públicos de saúde ou unha entidade médica privada). Non é o mesmo Clases Pasivas que  MUGEJU.

Para o  mutualismos Administrativo ( MUGEJU), ata o momento, non hai cambios de ningún tipo, nin no Real Decreto nin en ningún outro.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras