No día de onte STAJ acudiu á Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza, a Administración na súa liña mostrouse unha vez máis ausente, como se arranxar os problemas que sufrimos non fose a súa función e obriga, mentindo descaradamente para gardar as súas costas, actuando cunha ineficacia, pasotismo e deixadez nunca vistos, o que nos deixa moi por debaixo do resto de colectivos da Xunta de Galicia en canto a melloras nos edificios e nas nosas condicións de traballo, o que proba unha vez máis o pouco que lle importamos á Xunta e en concreto á Direccion Xeral de Xustiza, só actúan medianamente se intervén a inspección de traballo, ineptitude total e consciente.
Pasamos a deixarvos un resumo do máis importante:
Borrador do Regulamento do propio comité: só fixemos alegacions
STAJ e outra OOSS; a DXX da un prazo de 10 días ás demáis OOSS para alegacións e poder aprobar o regulamento na próxima reunión.
Cursos formación de riscos laborais: teñen previsto (como non pode
ser doutro xeito) facelos tódolos anos. ( Conseguido a través da denuncia de STAJ ante a Inspección de Traballo). Empezan en breve polo partido xudicial de A Coruña.
Avaliación de
traballos de campo:
Deron a entender que só o fixeron en Santiago e só referido o SCNE de Santiago, (isto
tamén vén da denuncia de STAJ ante a inspección), o que pasa é que a Inspección non lle dixo que só
o tiñan que facer en Santiago, e claro tamén se olvidaron dos Médicos Forenses que tamén saen fóra a traballar e dos compañeiros/as que saen da sede xudicial no resto de localidades a notificar e a facer embargos, polo tanto deben facer evaluacións de riscos non só en Santiago e non só no SCNE, senón a todo o persoal que sae fóra a traballar.
Investigación de
accidentes de traballo: (tamén isto entra na nósa denuncia), somos o único colectivo da Admón que non contamos cunha norma que obrige a investigar os accidentes de traballo o que nos impide acceder a moitas axudas e ventaxas médicas, farmacoloxicas, e nos complica o pago total de retribucións durante a baixa ou dunha maior pensión en caso de incapacidade permanente por causa de accidente ou enfermidade laboral. Non foron nada claros, entendemos que aínda non saben do que falamos, o caso é que nunha anterior reunión coa inspección de traballo (denuncia presentada por STAJ), a inspectora lles dixo claramente o que debían facer, porque o dispón a normativa, pero hoxe resulta que non acudiron os mesmos que na reunión coa inspectora e estaban perdidos; tamén contaron que non hai un
seguemiento especial destes accidentes, só do persoal que pertence á SS.
Respecto a
avaliación de riscos nos edificios xudiciais, facilitáronnos moita documentación , pero STAJ insistiu unha vez máis en que non se trata só de facer a avaliación, senón que teñen asumir o informe desas avaliacións, arranxar o problema e informar se fixeron as obras derivadas das mesmas, e que tiñan que dar conta ao Comité non só do que
está mal senón do que fixeron para arranxalo.
Asemade se lle preguntou polo protocolo de acoso laboral -e que STAJ promoveu e xa enviou borrador hai dous anos,- (a DXX non está pola labor)
poñen como excusa que non é viable porque os secretarios pertencen ao ministerio, os
fiscais á fiscalía, nós á DXX e os xuices ao Consello….seguiremos insistindo, porque o que non pode ser é que situacións que están a sufrir moitos compañeiros/as, presionados/as e maltratados/as polos superiores, acaben en expediente disciplinario ás propias vitimas ou na necesidade de largarse no próximo concurso, mentres os culpables saen indemnes.
Tamén se falou do GAS RADÓN, que agora mesmo non é
obrigado facer medicións nos edificios públicos, e estamos pendentes de que saia unha normativa que as faga obrigatorias; do cal o Consello Nuclear informou a STAJ cando lle solicitamos información por escrito.
Arquivos: que se vai a facer un novo contrato coa empresa que se encargaba do expurgo, que en Vilagarcia, Ferrol, etc, todos os que están petados, que se vai intentar aliviar ese atasco e crear máis espazo, non dixeron datas. Con respeto a humidade do arquivo de Ourense din que o único que saben é que houbo unha fornada de papel húmido, que non é problema da humidade do arquivo,o papel xa viña mollado, de risa.
Climatización de edificios: que se irá facendo pouco a pouco, que son 60 edificios en Galicia e só están climatizados 16, que vai levar tempo.
Ventilación de edificios pechados: que en contra do proxecto arquitectónico se abrirá algunha fiestra pero non saben para cando, que a tendencia é de facer edificios pechados por mor da eficiencia enerxética, pero que hai sistemas de ventilación, o que non din é que non funcionan ou non son suficientes.
Cambio de mobiliario, cadeiras, repousapés,etc: Unha vez máis, a última hai dous anos, din que teñen unha partida de cartos, non din cantos, para cambiar o mobiliario e as cadeiras poñer repousapés, seguramente voltará a quedar en nada, cando tal eses cartos esfúmanse.
Novos edificios en Pontevedra e Vigo: reiteran que o de Pontevedra estará operativo ao longo do mes de abril, eleccións minicipais en maio, veremos en qué condicións. STAJ pediu unha evaluación de riscos antes da ocupación.
O de Vigo vai para largo, finais de 2020.
Desfibriladores: despois de que STAJ e outros Sindicatos os pediramos varias veces, e de que morrera unha testemuña por un accidente cardiaco en Pontevedra, agora din que están en negociacións con Sanidade para que os poñan, que non é obrigatorio e que non sabemos utilizalos, que nos van ter que dar un curso.
Outros temas:
Estores para caldas de Reis: non saben, non contestan.
Sillas ergonómicas hai algunhas pero son caras e o orzamento limitado.
Vixiancia xulgados e scanner, o convenio cos gardas civís e a policía nacional segue, pero hai problemas, se non se arranxan iranse substituíndo por seguridade privada. Os scanner nas portas de entrada iranse poñendo empezando polas Vilas.
Problemas co cableado en Vigo: que xa está arranxando o problema e que de momento está todo desordenado, pero é cuestión de pouco tempo o ter todo solucionado.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.