jueves, 4 de octubre de 2018

Recuperación dos 3 moscosos e descontos por I.T.

Onte tivo lugar a Conferencia Sectorial de Xustiza na que participa o Ministerio e as Comunidades Autónomas con competencias nesta materia, nesa Conferencia a ministra informou as CCAA que a mediados de decembro estará  aprobada a reforma da Lei Organica do Poder Xudicial co recuperación dos tres días moscosos que nos quitaran no 2013. Estes días poderán ser disfrutados con cargo xa a este ano, e poderase ampliar o periodo de disfrute dos mesmos máis ala do 31 de xaneiro de 2019, tal como STAJ leva meses pedindo.

Tamén informou que é vontade do Ministerio acabar con tódolos descontos por Incapacidade Temporal no seu ámbito territorial e invitou as CCAA a que fagan o mesmo canto antes.Esperemos que a Xunta o faga de inmediato.


 STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.