Onte publicouse no
DOG o DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no
territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise
sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto
polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de
alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
ORDE do 26 de
xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como
consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na
Comunidade Autónoma de Galicia.
No apartado 3.18 da
orde dice o seguinte:
2. Como medidas adicionais aplicables aos modos
de transporte establécense as seguintes:
3. Está permitido o desprazamento nun vehículo particular de
persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e
volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a
centros de ensino.
Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos, e deberán usar todas máscara.
VER ORDE