Chegaron as nóminas aos correos electrónicos, e tal como dixemos a semana pasada non entran nela as subidas acordadas ou anunciadas do:
- 0´9% do goberno central.
- Nin as cantidades deste ano da traxectoria profesional.
- Nin a do punto a maiores aos xestores con funcións de secretarios de paz.
- Nin as cantidades correspondentes da “clausula de revisión” do acordo da folga.
Ao día de hoxe non sabemos cando esas subas se reflexarán nas nóminas, e dubidamos que a “clausula de revisión” se concrete nunha suba, aínda que é seguro que as que se reflexen serán con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro.
Por esta información( ver nova "nómina de xaneiro 2021") publicada a semana pasada no noso blog o sindicato SPJ-USO publicou e mandou ao día seguinte por whatssapp a seguinte nota ( ver nota de spj-uso).
Nunha especie de contradicción, onte SPJ-USO sacou outra que, aínda que
máis ampla, ven a darnos a razón, e din
o mesmo ca nós naquela información que lles serviu para tentar
desacreditarnos e difamarnos sen motivo algún utilizando falsedades (ver nota de SPJ-USO publicada no seu blog).
-Xa non é a primeira vez que SPJ-USO confunde as criticas e os comentarios sobre criterios distintos, con insultos e con inxurias.
-Xa non é a primeira vez que utilizan como excusa unha información publicada por STAJ, verídica e contrastada por nós coa Administración, para e decir que vos mentimos, enganamos e confundimos.
-Non é a primeira vez que SPJ-USO sen vir ao caso, e ao fío dunha información que eles publican nos ofenden e agravian, intentando mermar a nosa reputación como sindicato e como persoas.
Esto é simple e llanamente “matonismo sindical”, non ten nada que ver coas críticas por diferencias de criterios, solo buscan calarnos e/ou amedrentarnos. Estes feitos definen perfectamente as persoas que están detrás dos mesmos e o sindicalismo que practican, basado nada máis que na destrucción do adversario, sexa como sexa e utilizando todos os medios.
Por suposto que estamos abertos a asumir críticas e comentarios, tanto doutros sindicatos como dos compañeiros/as, pero non imos permitir que se manipule, se minta, se nos insulte e inxurie, co fin de menoscabar a nosa dignidade, buscando solo o desprestixio e o noso descrédito, e utilizando, sen rubor, toda clase de difamacións.
Tanta insolencia, mantida ao longo do tempo, non lle vai sair gratis, estamos a estudar as accións legais que plantexaremos en breve contra tanta prepotencia.