sábado, 29 de agosto de 2020

STAJ solicita a realización inmediata de probas PCR e labores de desinfección en xulgados de Pontevedra

Tendo coñecemento dun caso de positivo nun xulgado de Pontevedra, en base ao previsto na Resolución do 23/03/2020 do Ministro de Xustiza sobre seguridade laboral da Administración de Xustiza durante a Pandemia COVID-19, e os protocolos de actuación que determinan as actuacións en casos de personal con resultado positivo na proba de COVID-19, dende STAJ procedimos a remitir comunicación a Dirección Xeral de Xustiza e as autoridades sanitarias competentes do SERGAS, solicitando que se adopten de forma inmediata ou, en todo caso, antes do luns as seguintes medidas:
  • Se proceda de forma inmediata á realización das labores de desinfección nas dependencias do xulgado de destino do funcionario diagnosticado, así como das dependencias dos xulgados contiguos da mesma planta. Tratandose dun funcionario que por mor do desempeño da súa función desprázanse por distintas dependencias e oficinas xudiciais, solicitamos igualmente a desinfección de todas aquelas estancias nas que pudo estar presencialmente o longo da semana pasada.
  • Se proceda a realización de probas PCR a todos os funcionarios/as do xulgado de destino do compañeiro/a diagnosticado/a que durante a semana pasada estiveran presencialmente no xulgado e, igulamente, se faga a proba a todos aqueles funcionarios/as cos que poudese ter contacto e fosen susceptibles de contaxio, sen que se escatimen esforzos nesta medida que consideramos esencial a fin de cortar a transmisión e protexer a salud dos traballadores/as.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras