lunes, 31 de agosto de 2020

Reunión ca Xefa Territorial da Coruña pola futura ubicación do Xulgado de Reforzo Mercantil da Coruña


O venres pasado, os representantes de Staj na Coruña, reunímonos ca Xefa Territorial de Xustiza na Coruña no seu despacho da Praza Luis Seoane, co obxeto de falar sobre o tema da ubicación do novo Xulgado de Reforzo dos Mercantís da Coruña, e a nova ubicación do Xulgado de Reforzo do Social da Coruña, que nestes intres está emplazado na mesma planta que os Xulgados Mercantís números 1 e 2 desta cidade.

Desde Staj, trasladamoslle a nosa inquedanza, non só polo feito de que nunha mesma pranta estuveran enclavados tres xulgados de distintas órdenes xurisdiccionais, tendo que pasar en moitos casos por diante dos funcionarios e procedementos do reforzo do social as persoas ou profesionais que querían falar ca parte civil dos xulgados do mercantil 1 e 2, vulnerando desta maneira o sixilo e confidencialiedade da lei de protección de datos, senon que ademáis, no caso dun posible contaxio de Covid, moi probable no día de hoxe, serían os tres xulgados os que habería que por en cuarentena, e dada a situación de atasco procedimental que opera nestes xulgados, sería outro tropezo máis a hora de recuperar a normalidade laboral nestes órganos.

Desde Staj propusemoslle que foran os LAJs dos Xulgados Mercantiles 1 e 2 os que dispuxeran da ubicación do reforzo do mercantil na planta número 2, que son os máis indicados a hora de valorar as posible ubicacións nos que eles están emplazados, trasladando o Xulgado Reforzo do Social, a unha das posibles estancias valeiras que existen en ese mesmo edificio, quedando éste ubicado definitivamente, e deixando de ser trasladado dun sitio para outro de cada certo tempo.
 
A Xefa territorial contestounos que veía lóxica e racional a nosa solicitude, e que a trasladaría a Dirección Xeral para que se fixera unha reunión a maior brevedade posible para debatir o tema, no que según o seu criterio debería estar tamén o Xuíz Decano da Coruña, para conocer a súa postura.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras