- STAJ solicita que se instalen equipos de videoconferencia situados en dependencia distinta ás salas de vistas, dado que o compartir espazo con elas prodúcese constantes suspensión a fin de ceder o seu uso para a celebración de vistas orais.
Dende
STAJ vimos observando que habitualmente a escaseza de medios
técnicos nos xulgados e órganos xudiciais dificulta enormemente o traballo diario para a realización de
videoconferencias.
Aquelas sedes con dóus ou tres órganos
xudiciais que dispoñen unicamente dun só equipo de videoconferencia para todos,
e que sempre está instalado nunha sala de vistas (o mesmo ocorre nos partidos
xudiciais das grandes cidades inda que nestas teñan un número maior de salas de
vistas con sistema de videoconferencia) a posibilidade de utilización do mesmo
por outros queda supeditada ás sinalizacións da devandita sala. E aquí está o
gran problema nas vilas máis pequenas, xa que ocurre habitualmente que turnado
do Decanato un exhorto para recibir declaración a unha testemuña ou perito nun
día e hora determinada, ou calquera outra actuación, atopámonos con que a sala
de vistas videodixitalizada xa está ocupada con sinalamentos de vistas e non
pode ser usada para outro fin. Non queda outra opción que manifestar a
imposibilidade de tramitar o solicitado, por non dispoñer de equipo de vídeo, e
o xulgado exhortante suspender a súa sinalización. Isto que parece sinxelo non
deixa de ser un encordio tanto para o exhortante como o exhortado pois conleva
un traballo ímprobo para finalmente suspender e acordar unha nova sinalización
coa consecuente perda de tempo, ademáis dun fracaso do sistema por falta de
medios adecuados.
En todos os xulgados que visitamos existen
habitacións, na maioría dos supostos infrautilizadas, que se poderían habilitar
para esta función cun desembolso mínimo, pois entendemos que cunha mesa, un
computador con webcan e unha cadeira poderíase manter unha actividade normal de
videconferencias e non como a día de hoxe de suspensiónes.
Por todo o exposto
dende STAJ solicitamos que se instalen
mais equipos de videoconferencia nos anteriores xulgados os cales non deben
estar situados nas salas de vistas senón nunha dependencia aparte, evitando
desta forma a suspensión continua, ao non estar supeditados á orde da única
sala que dispón de equipo.
Ver escrito completo presentado
Xustificante de presentación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras