miércoles, 15 de julio de 2020

Próxima convocatoria comisión de servizos prazas de nova creación das Fiscalías

A DXX acaba de comunicarnos que está prevista a publicación da convocatoria para a provisión mediante comisión de servizos das prazas de nova creación das Fiscalías. 

Deixámosvos o texto da convocatoria:

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofertan en comisión de servizos postos vacantes de nova creación entre persoal funcionario dos corpos de Xestión procesual e administrativa, e Tramitación procesual e administrativa.

Aprobada a creación de determinadas prazas nas distintas Fiscalías da Comunidade Autónoma de Galicia, procede anunciar a súa provisión temporal co obxecto de que o persoal funcionario interesado poida solicitar as oportunas comisións de servizos.

Obxecto:
O procedemento e a convocatoria teñen por obxecto posibilitar a provisión de forma temporal, mediante comisión de servizos, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación procesual e administrativa que se indican no anexo I.

Solicitantes:
Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, os funcionarios de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atopen en situación de servizo activo no mesmo corpo do posto que se convoca, e que no prazo de presentación de solicitudes leven prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto dende o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.

Criterios de adxudicación:
A adxudicación das comisións de servizos farase segundo a orde de preferencia fixada por cada solicitante na súa instancia e con base na maior puntuación obtida tras se aplicaren os mesmos criterios ca nun concurso de traslados: antigüidade e nivel de coñecemento da lingua galega. En caso de empate, acudirase ao escalafón.

Informe:
Para cumprir co previsto no artigo 73 do Real decreto 1451/2005, as solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade en que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. No caso de que o órgano correspondente non emita informe, entenderase que este é favorable, sempre que o interesado acredite que o solicitou. Ademais, para o caso de que o destino da persoa solicitante radique fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, esta deberá presentar, xunto coa solicitude, o informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma respectiva. De non ser posible, deberá presentar acreditación de que efectivamente o solicitou.

Lugar e prazo e forma de presentación de solicitudes:
1.- O prazo de presentación de solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria Na intranet de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.gal).
2.- Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es. A persoa solicitante deberá ter un usuario rexistrado na OPAX. Para o suposto de non contar co usuario, deberán solicitar as credenciais para o acceso ao sistema OPAX premendo no enlace dispoñible “convocatoria de comisións de servizo”.
3.- Para cubrir e presentar correctamente a solicitude, no dito sitio web disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse á Dirección Xeral de xustiza, ao número de teléfono 981546219 ou a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xustiza.gal .
4.- Todas as persoas solicitantes realizarán necesariamente a sinatura da solicitude e mais a súa presentación de forma telemática, para o cal fará uso dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza Rúa Madrid, 2-4, 2º Polígono das Fontiñas 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA en Galicia ou outro que a Comunidade Autónoma de Galicia considere válido). O sistema asignará un código de presentación que acreditará a presentación electrónica, e será posible obter do sistema un xustificante desta.
5.- Na solicitude deberanse enumerar, por orde de preferencia, as unidades e localidades que se solicitan. Canda a solicitude haberá que presentar una copia cotexada da certificación ou diploma que acredite o coñecemento da lingua galega.

Características das comisións de servizos:
A provisión temporal das prazas ofertadas concederase co carácter de comisión de servizos voluntaria. A duración da comisión de servizos abranguerá ata a adxudicación das prazas mediante concurso de traslados, sendo o período mínimo de permanencia na comisión de servizos de seis (6) meses, sen que en ningún caso se poida exceder o período máximo previsto na normativa aplicable.
En caso de renuncia á comisión de servizos antes de que transcorran seis (6) meses, o funcionario non poderá acceder a unha nova comisión de servizos durante un prazo dun ano contado dende a data de inicio da referida comisión. Todos os funcionarios seleccionados se deberán presentar no destino asignado o día indicado na resolución en que se publique a lista definitiva de adxudicacións.
No caso de que algún dos seleccionados non se presente ao posto adxudicado, terase por renunciado e cubrirase o posto co seguinte funcionario da relación definitiva de puntuación.
As vacacións e permisos para gozar dende o día de inicio da comisión de servizos deberanse solicitar novamente dende no destino asignado en comisión de servizos. Os funcionarios que se atopen en comisión de servizos conservarán o seu posto de orixe e terán dereito ás retribucións complementarias do posto que desempeñen

VER Convocatoria


INFORMARÉMOSVOS DE FORMA INMEDIATA EN CANTO SEXA PUBLICADA


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras