miércoles, 15 de julio de 2020

STAJ SOLICITA A REALIZACIÓN DE TEST PCR A TODO O PERSOAL DOS XULGADOS DE A MARIÑA

STAJ solicita da consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que a realización de test PCR a todo o persoal dos Xulgados de A Mariña.
 
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vai realizar un “cribado exhaustivo” aos colectivos máis expostos á Covid-19 na comarca de A Mariña, entre os que se incluen persoal sanitario e corpos da policía local. A eles súmanse outros colectivos “vulnerables” como traballadores municipales e membros da corporación local.
 
Desde o sindicato STAJ solicitamos que este cribado se extenda aos funcionarios dos Xulgados de A Mariña, e polo tanto se lles realice o test PCR aos funcionarios de xustiza; comenzando polo Xulgado de Paz de Burela, seguindo polos Xulgados de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 e 2 de Viveiro (estos xulgados reciben a diario moita xente de Burela) e continuando polos xulgados de Paz de Foz e Ribadeo e finalizando polos Xulgados de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 e 2 de Mondoñedo (propoñemos este orden por ir de máis a menos incidencia de contaxios da covid-19).
Consideramos que este colectivo de xustiza débese atopar dentro dos colectivos máis “vulnerables”, xa que se trata dun colectivo que está a diario preto da xente, pois celébranse xuizos nos que a cercanía coas persoas e inevitable, xa que se xuntan as partes, abogados e procuradores, xuices e letrados da administración de xustiza, aténdese a profesionais , tómanse declaracións, os funcionarios saen a rúa a facer notificacións e actos de comunicación, o que supón ter que acudir a domicilios das persoas que hai que notificar e estar preto delas, entregarlles a notificación e firmar; nos xulgados de garda suelen ter bastante movemento con detidos, persoas citadas para xuizo, etc. Nos xulgados de Paz tamén teñen un continuo goteo de persoas que se desprazan para realizar dilixencias relacionadas co Rexistro Civil. En definitiva recíbese a xente todos os días polo que o risco de contaxio aumenta debido ao rebrote do covid-19 en que se atopa a zona de A Mariña.
Por iso consideramos necesario que se inclúa aos Xulgados de A Mariña no programa de cribado despregado pola Consellería de Sanidade.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras