martes, 14 de julio de 2020

STAJ IMPUGNARÁ CLAUSULAS DISCRIMINATORIAS DO ACORDO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

O día 07-07-2020 publicouse no DOG o Acordo da traxectoria profesional, como sabedes STAJ non o asinou por diversas razons das que xa dimos conta en varias notas informativas.

Dende STAJ estamos convencidos de que o texto firmado e publicado é claramente discriminatorio e ilegal en canto ao contido de varias das súas cláusulas o que, entre outras cousas, motivaron que non o asináramos. Consecuentemente con iso e convencidos de que non chega con non convalidar coa nosa sinatura un texto inxusto e discriminatorio, o noso deber como sindicato é actuar xurídicamente para evitar as desigualdades que este acordo poidese orixinar, polo que dende STAJ procederemos a impugnar xudicialmente as clausulas que non consideramos ecuánimes. 

Matizamos que a impugnación irá dirixida exclusivamente cara esas cláusulas, nunca á totalidade do acordo, o que pretendemos con elo e milloralo naquelo que pensamos que no seu momento tivo que ser obxecto de negociación e que nunca se debeu asinar por non ser igualitario, polo tanto aclaramos, que non pretendemos que se deixe de aplicar se non que se faga da forma máis equitativa, sen quitarlle nada a ninguén pero ofrecendolle a todos as mesmas condicións, co gallo de que desapareza aquelo que é causa de discriminación entre compañeiros/as.

Adiantamos que as cuestións contra as que dirixiremos a impugnación son dúas:

  • Discriminación do corpo de Xestores e Médicos Forenses. Unha vez fixadas no acordo as cantidades por Corpos, poderíase debatir si as diferenzas son mais ou menos razoables, pero son as que hai, non podemos permitir que un Xestor ou Forense cobre unha porcentaxe menor cada ano,  e polo tanto, tarde máis en acadar a todalidade da cantidade para cada grao. Tampouco podemos permitir que un Xestor ou Forense tarde máis anos en subir de grao aínda que cumpran os requisitos para acceder a vez que outros corpos que poden facelo antes. Esto e claramente discriminatorio e non entendemos cómo se aceptou, pola nosa banda non o podemos tolerar e debemos impugnalo.
  • Persoal interino: Está claro que non se vai trasladar este acordo ao persoal interino, nin queda claro cando, nin en que condicións se lle aplicará a traxectoria profesional xa que fala de que se  lles aplicará o futuro acordo (aínda non existe) que se establezca para o persoal interino da  Administración Xeral da Xunta de Galicia e na mesmas condicións que aqueles. Esto non ten sentido, ten que ser a vez e nas mesmas condicións que para o resto dos funcionarios de Xustiza, non traballan na Xunta, traballan en Xustiza. Ten que ser o mesmo, nen mellor nin peor, pois podería supor unha discriminación para os propios interinos si se lle aplica un acordo que reflexe peores condicións que este de Xustiza, ou unha discriminación para os titulares, si o que se lle aplica ten mellores condicións que o acordado para Xustiza. Sería un milagre que fora exactamente igual. Non aprenderon, nin a Xunta nin os sindicatos asinantes, das sentenzas do TSXG que igualan ao persoal interino e eventual do SERGAS e ao persoal laboral e interino da Xunta co respectivo persoal funcionario.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras