Unha vez que no BOE de 4 de xullo publicáronse os
Orzamentos Xerais do Estado para 2018, os soldos dos funcionarios
experimentarán unha subida
salarial do 1.75 % a partir da nómina do mes de xullo. Ademais, débennos
de abonar unha cantidade equivalente ao 1.50% correspondente ás nóminas de
xaneiro a xuño de 2018, xa que o acordo asinado en marzo previa un fixo de
1.50% máis un 0.25 % ligado ao cumprimento do crecemento do PIB que tiña que
ser superior ao 3.1% en 2017 , cousa que se cumpriu.
-Canto diñeiro supoñerá esa subida nas nosas nóminas?
A subida do 1.75% a partir da nómina de xullo, afecta a todos
os conceptos da nosa retribucións (soldo base, trienios antigos e modernos, complemento
xeral do posto, complemento específico, complemento de
violencia, de servizos comúns,..gardas e produtividade..). Se queredes facede o
cálculo, aplicade ese 1.75% a unha nómina calquera das de xaneiro a maio de
2018.
Sobre unha nómina de 1.500 euros brutos a "subida" será de 26.25 euros/mes; se a nómina é de 2.000 euros será de 35
euros/mes e se é de 2.500 euros, será de 43.75 euros/mes.
Desde Staj xa valoramos no seu día este Acordo (asinado por CSIF, CCOO e UXT a nivel nacional na Mesa Xeral da Función Pública) como absolutamente insuficiente:
-Porque, como todos os funcionarios coñecemos perfectamente , sufrimos
desde 2010 uns recortes que, a data actual, supoñen unha desvalorización dos
nosos soldos do 13.40%.
-Porque estes recortes supuxeron que os funcionarios de
Xustiza perdésemos unha media de dez mil euros (sumados todos os recortes
tamén levados a cabo en Galicia).
Por todo iso, non podemos chamar "SUBIDA SALARIAL"
a un incremento que non cubre o IPC, agora mesmo esta no 2,2 e que nos condena a seguer perdendo cartos, polo que a recuperación dese 13.40% quedará moi lonxe, nin sequera sumando os incrementos pactados para 2019 e 2020.
STAJ seguirá reclamando a recuperación de TODOS OS RECORTES DESDE 2010 e de forma especial en Galicia onde se sufriron notablemente entre 2013 e 2017.