Na
comparecencia que tivo lugar no día de onte no Congreso dos Deputados, a
Ministra de Política Territorial e Función pública anunciou que se van a
eliminar por fin os descontos en situacións de Incapacidade Temporal.
STAJ
leva anos denunciando que este é posiblemente un dos recortes máis inxustos que
padecemos os funcionarios, especialmente os de Xustiza, pois para unha baixa de
curta duración (os descontos teñen lugar precisamente nos primeiros 20 días),
non se nomea persoal interino que substitúa esa baixa polo que o funcionario
debe recuperar o traballo non realizado durante esa baixa.
Nalgunhas
CCAA e en Galicia concretamente limitáronse os descontos só nalgúns supostos de
enfermidades, pero non en todos, polo que continuaba sendo unha medida moi
inxusta coa que había que acabar xa. Neste sentido non podemos agradecerlle
nada á Xunta, que tiña competencia para acabar con esta discriminación
sanitaria e non o fixo, todo o contrario, deixarán de descontarnos e cobraremos
o 100% pero grazas á medida tomada desde Madrid, desde o goberno central.
Celebramos
esta noticia, e esperamos que a eliminación dos recortes siga. En Xustiza, con
carácter xeral, aínda temos pendente, entre outros:
-A
recuperación plena dos días de asuntos propios.
-A
restitución dos niveis retributivos (actualizados) que tiñamos antes do recorte
de xuño de 2010, que supuxo unha media do cinco por cento de rebaixa
xeneralizada nas retribucións e que na Administración de Xustiza, de media,
supúxonos unha perda acumulada de máis de 12.000 euros a cada funcionario, en
torno ao 13,4%. Recorte que en absoluto recuperouse co recente acordo salarial
asinado na Mesa xeral.
-A
equiparación dos complementos específicos dos funcionarios de Xustiza en todo o
Estado. Lembremos que hai ámbitos, como o xestionado directamente polo
Ministerio de Xustiza, que perciben ata 500 euros menos que noutras Comunidades
Autónomas, aínda facendo exactamente o mesmo traballo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.