jueves, 5 de julio de 2018

Noticias sobre as Oposicións de 2016

Desde o Ministerio de Xustiza facilítannos a seguinte información sobre o estado da Oposicións de 2016:

- Respecto dos aprobados do último exame de XESTIÓN LIBRE, espérase a súa publicación durante a semana que vén ou na data máis próxima a esta.

- Respecto de AUXILIO XUDICIAL, o Ministerio de Xustiza ten intención de publicar nesta semana os cortes, polo que esperamos que os publique sen mais demora en breve.

- En canto a TRAMITACIÓN LIBRE, están coas correccións do último exame.

- Respecto de PROMOCIÓN INTERNA, o Ministerio de Xustiza manifestou que neste mes de Xullo esperaban ter terminado o baremo e poder publicalo, para seguidamente ofertar prazas.

Iremos informando de todas as noticias, xa que cos cambios de equipo Ministerial, atrasáronse algúns trámites.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario