Un
ano máis STAJ segue renunciando as subvencións as que ten dereito a nivel
estatal e autonómico, e para que quedase claro que somos os únicos a nivel
nacional, publicamos unha noticia donde nos remitíamos as subvencións
publicadas no BOE e donde non aparece a nosa organización como adxudicataria de
nengunha partida económica repartida polo Goberno Central entre os Sindicatos
representativos no territorio nacional.
Esa senda, que invitamos a recorrer a tódalas demáis organizacións, abriuna STAJ
moitos anos antes de que outros nacesen como Sindicato na Xustiza Galega, senda
que ten un recorrido autónomico e estatal. Neste senso alegrámonos ver como
este outro Sindicato segue a senda
marcada pola nosa organización e renuncia as subvencións de carácter autonómico.
A nosa noticia, neste caso, falaba de subvencións nacionais publicados no
BOE, e nese ámbito somos os únicos que renuncian as subvencións, ese Sindicato non
pode renunciar a ningunha partida que se publique no BOE porque fora de Galicia
non ten representación e tampouco esta na Mesa de negociación do Ministerio, o
contrario sería renunciar a nada, porque a nada ten dereito.
STAJ non solo leva moitos anos renunciando as
subvencións, se non que tamén renunciou a
dar cursos de formación con cartos públicos, outro xeito de financiación de
determinados Sindicatos (vemos estos días como máis dunha organización sindical
está a ofrecer cursos), neste eido consideramos que debe ser a propia
Administración quen imparta os cursos, proporcionando os medios materiais,
tecnicos e personais para os mesmos, sen intervención nengunha dos Sindicatos,
que debemos limitarnos a propoñerlle a Administración os cursos que
consideramos máis adecuados para o
colectivo. Despois pasa o que pasa.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.