lunes, 30 de julio de 2018

STAJ promove a celebración de eleccións sindicais na provincia de Pontevedra

Como moitos/as sabedes, as eleccións sindicais do ano 2015 na provincia de Pontevedra foron anuladas por unha sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Vigo ao considerar que os Letrados/as da Administración de Xustiza non podían concorrer ás mesmas nin como electores nin como elixibéis. Isto mesmo aconteceu en máis territorios (recentemente repetíronse as eleccións por idéntico motivo en Asturias) e existen seis provincias máis en todo o Estado nas que pasou exactamente o mesmo (algunhas dende hai anos). En Galicia, aínda que os letrados o intentaron nas catro provincias, só na de Pontevedra o conseguiron, no resto de provincias as resolucións xudiciais ou os laudos arbitrais ditados foron desestimatorios.
Naquel momento - outono do 2015-  os sindicatos chegamos a un acordo: non pedir  a execución da sentenza  para, deste xeito,  non voltar a repeti-las eleccións e facervos pasar polas urnas outra vez en tan pouco espazo de tempo. Despois do tempo pasado e das circunstancias acontecidas que de seguido explicaremos, entendemos que manter ese acordo xa non ten sentido.
Dende aquela, a xunta de persoal da Administración de Xustiza de Pontevedra reuniuse unha soa vez para elixir ao seu presidente, pero ese nomeamento  e a súa propia existencia como xunta de persoal atópanse nun limbo legal; pois os resultados das eleccións  non foron validados pola Oficina Publica de Rexistro da Consellería de Traballo e polo tanto, non se pode constituir válidamente nin facer ningún tipo de debate ou votación nin sequera pode adoptar ningún acordo ou resolución. Deste xeito, este órgano de representación leva tres anos sen reunións, aínda que de forma excepcional a Administración deixa actuar ao presidente como por exemplo no proxecto da cidade da xustiza de Vigo
Ademáis do anterior, cremos que despois de tódolos acontecementos vividos nos últimos meses no conflito mantido coa Xunta de Galicia e de cómo se desenrolaron as cousas,  é honesto e xusto darvos voz a todo o colectivo para que  manifestedes, en forma de voto, a vosa opinión sobre todo o que pasou e sobre cómo pasou.
Neste senso,  temos que dicir que moitos compañeiros/as nos pediron unha e outra vez a convocatoria de eleccións; sobre todo despois dos actos e conductas de deslealdade  e vileza de varios sindicatos, que preferiron e prefiren cumprir os seus compromisos coa Administración pasando por riba  dos seus compromisos co colectivo, defendendo o indefendible co gallo de quedar ben coa Xunta e actuando a favor da Conselleria de Xustiza,  aínda que supuxese un prexuizo para todo o persoal de xustiza .
Por suposto que tamén é unha oportunidade para valorar e xulgar a prepotencia coa que se empleou Rueda e cía.  e o ninguneo, desprezo e desprestixio ao que nos someteu a Xunta para acabar, como fora, coa forza da loita, axudados polas organizacións sumisas co poder político. Con esta convocatoria de eleccións, deixamos nas vosas mans o poder de xulgar a actuación de cada quen, o poder de poñer a cada quen no seu sitio, o poder de facerlle saber de novo á Xunta que reixeitades a súa manipulación, as súas negociacións por detrás e os seus métodos ilegais e de corte autoritario e opresor.
Esta iniciativa puido levala a cabo calquera do resto de sindicatos, eles saberán porque non vos queren dar voz e voto. STAJ só lle pide ás demáis organizacións sindicais que non se adiquen a  por “paus na roda“ e non obstaculicen o normal desenrolo do proceso electoral.

Para que a votación non coincida nos meses de xullo ou agosto, presentamos agora o preaviso de eleccións e supoñemos que as votacións serán no mes de outubro, aínda que a data definitiva sairá da futura reunión coa Mesa Electoral Coordinadora.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.