A reforma da la Ley de Enjuiciamiento Civil publicada ayer 12 de junio en el BOE, inclúe a modificación do artigo 150, para introducir a obrigación de comunicar aos servizos sociais a data dos lanzamentos, para que actúen se é procedente.
O texto do novo número 4 do artigo 150 é o seguinte:
"4. Cando a notificación da resolución conteña fixación de data para o lanzamento de quen ocupa unha vivenda, darase taslado aos servizos públicos competentes en materia de política social por se procedese a súa actuación, sempre que se outorgou o consentimento polos interesados."
A iniciativa partiu dun GRUPO DE FUNCIONARIOS DE XUSTIZA de Granada, entre os que se atopa o compromisario de STAJ na MUGEJU, Miguel Esteban Florencio, e o seu compañeiro Miguel Ángel Herrera Manzano, auspiciados polo Xuíz Decano de Granada, que tamén se implicou na iniciativa. STAJ trasladou no seu momento ao Ministerio de Xustiza, e Grupos Políticos esta iniciativa destes funcionarios, que finalmente foi introducida mediante unha emenda presentada polo Grupo Socialista no Congreso, grazas ao empeño destes compañeiros que nos consta que se moveron moito para lograr a súa aprobación. Parabén.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.