A semana pasada desde STAJ reunímonos co alcalde de Vigo Abel Caballero co fin de expoñerlle a situación que atravesa o tribunal de instancia da cidade.
Púxose de manifesto a precaria situación debido á falta de funcionarios que atravesan en xeral tanto o servizo común de tramitación como o de execución na súa área civil, poñendo o foco no servizo común de execución. Indicóuselle que a situación é tan precaria que xa se fala de colapso se non se pon remedio canto antes. Trasladóuselle tamén o problema que xera a decisión da DXX de non ampliar o número de funcionarios cada vez que se amplían as prazas xudiciais (o exemplo témolo coa xuíza de reforzo para a sección civil que veu unicamente con dous funcionarios e só para o servizo común de tramitación).
Resaltouse a situación que atravesa a 8 praza xudicial na sección de instrución ante a situación ocorrida co recente concurso de traslado da titular da praza 7. Así como a reiteración unha vez máis das gardas de 24 h posto que a modificación do real decreto (pendente aínda de publicar no BOE) mantén as 8 prazas xudiciais na sección de instrución.
Por parte do alcalde entende que as reivindicacións deste sindicato son necesarias e procede a realizar un comunicado oficial co seguinte sentido:
"Abel Caballero analizou a situación de colapso na execución de resolucións xudiciais en Vigo, así como vos atrasos nos procedementos, como consecuencia dous recortes de persoal aplicados pola administración galega.
O alcalde expresou de novo ou seu respaldo á implantación dás gardas de 24 horas ao lembrar que Vigo cumpre con todos vos requisitos establecidos pola Xustiza e que a comunidade xurídica da cidade reiterou de forma unánime esta reclamación."
Malia que o concello non ten competencia en xustiza, desde STAJ agradecemos a predisposición e colaboración por parte de Abel Caballero, posto que persoalmente se puxo en contacto co ministro de xustiza para manter as 8 prazas de instrución e esperamos que de novo a súa actuación sirva para que por parte da DXX rectifiquen e decidan ampliar o número de funcionarios para os servizos comúns de tramitación e execución así como cando se amplíen as prazas xudiciais polo motivo que sexa. Esperamos tamén a implantación das gardas de 24 h paralizadas en Galicia por parte da Xunta.
Finalmente, desde STAJ seguimos apostando pola unidade de acción desde todos os organismos posibles para conseguir as melloras que os tribunais de instancia en Galicia necesitan.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras
