No DOG e no BOE de hoxe publícase a resolución do 18 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa.
Denominación: Xestión-Xefatura de equipo SCT-TI Civil, Familia, CA e Social
Centro do destino: SCT-TI de Ferrol
O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga en ambos ao mesmo tempo, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.