lunes, 16 de marzo de 2026

O SERGAS controlará as baixas de Mugeju

As Baixas do persoal de xustiza con cobertura Mugeju pasarán a estar xestionadas polo SERGAS, por entender o Conselleiro de Sanidade que hai moitas Baixas inxustificadas.

A Xunta creou unidades de apoio formadas por persoal médico inspector e subinspertor, que actúan directamente nas áreas sanitarias con mais Baixas de media. Estes equipos desprázanse para entrevistar aos médicos e revisar os procesos abertos, co fin de xustificar ou non a continuidade das incapacidades.

Por tanto a partir de agora os servizos de inspección da Consellería de Sanidade pasarán a actuar como unidades de asesoramento facultativo para o persoal doutras consellerías adscrito a Muface e Mugeju.

Trátase dunha inspección, sin o carácter vinculante que fai sobre os traballadores que non teñen Muface ou Mugeju, xa que neses casos a inspección pode dar directamente a alta.

Ata o de agora, normalmente transcorridos 18 meses de baixa médica, citábasenos para acudir o EVI (Equipo de Valoración de Incapacidades) para que estes fixesen un informe o cal remitían a DXX quen acordaba o reingreso ao traballo ou a continuación na baixa dependendo da evolución da infermidade, noutros casos a incapacidade e polo tanto a xubilación. Normalmente reingreso o traballo.

O anterior informe non era vinculante (non podía o EVI dar a alta médica) agora tampouco, pero daencomenda despréndese que o control será maior e posiblemente non demoren tanto en chamar para facer a revisión da baixa.

Coa nova encomenda, os servizos de inspección da Consellería de Sanidade pasarán a actuar como unidades de asesoramento facultativo para o persoal dontras consellerías adscrito a Muface e Mugeju. Durante os próximos catro anos, estes órganos poderán solicitar informes para valorar incapacidades temporais ou a concesión e prórroga de licenzas por enfermidade.

O anterior é como consecuencia da publicación no DOG da Resolución do 24 de febrero do 2026 pola que se da publicidade da encomenda de xestión das consellerías da Xunta de Galicia a favor da Conserría de Sanidade, para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal do persoal empregado público da Comunidade Autónoma de Galicia incluido no réxime do mutualismo (Muface/Mugeju).

Outras das novidades, ainda que xa vixente dende abril do 2025, e a posibilidade de que os hospitais emitan directamente os partes de Baixa nos casos de intervención cirúrxicas programadas.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras