Hoxe
publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se convocan as
actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza
de Galicia.
O prazo de presentación
de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no
Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de marzo de 2026.
As
solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse
mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>,
desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 14.00horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse
presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O
número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación
de solicitudes limítase a catro.







