A consultas realizadas por STAJ, a Dirección Xeral de Xustiza informanos , dos seguintes puntos respecto a publicación da ORDE do 6 de marzo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia:
1. Respecto os coñecementos na utilización do procesador de tratamento informatizado de textos se tes seis meses de experiencia como xestor ou tramitador, os servizos prestados como persoal funcionario serán comprobados de oficio, cando estivesen recoñecidos pola Comunidade Autónoma de Galicia. En caso contrario, deberán achegalo as persoas solicitantes.
As certificacións que acrediten o requisito do tratamento de textos non están limitadas a 5 anos de antigüidade.
2. O órgano competente para recoñecer a compatibilidade para o desempeño das funcións que correspondan ao corpo a que se presenta en caso de discapacidade en Galicia é o EVO (Equipo de Valoración e Orientación) .
Se o recoñecemento da discapacidade ten carácter definitivo será válido o informe xa presentado en anteriores convocatorias, pero deben aportalo na nova solicitude.
3. O importe da taxa é de 18,40€, só se pagaría a taxa unha vez, xa que a solicitude é única (ainda que opten a varios corpos ou provincias)
4.O cesamento producírase no prazo de 3 anos desde que se fora nomeado, e aplicarase a todos os funcionarios interinos desde a Orde do 6 de marzo de 2026.
5.Respecto as persoas integrantes da bolsa que prestasen servizos durante un ano e pasarán a ocupar a última posición na bolsa durante catro meses , isto aplicaráse dende os nomeamentos realizados na nova bolsa aprobada conforme a Orde do 6 de marzo do 2026.
6. As OPES baremables para as bolsas serán as siguientes:
a) Corpos xerais: Orde PJC 1437/2024, Orde PJC 64/2024 e Orde JUS/1254/2022,
b)Corpo de letrados/as da Administración de Xustiza: Orde PJC/215/2024, Orde JUS/1523/2021 e Orde JUS/402/2019
c) Oposicións de xuices e maxistrados: OEP 2024, OEP 2023 Y OEP 2022