No día de onte, STAJ presentou escrito dirixido ó Comité de Seguridade e Saúde de Xustiza solicitando información sobre algúns temas de gran interese para todos os traballadores da Admon. de Xustiza con destino na nosa Comunidade Autónoma; algúns dos cales teñen a súa orixe nos recentes acontecementos ocorridos a unha funcionaria do Corpo de Xestión Procesual con destino no SCACE da Coruña, quen sufriu unha agresión cando se atopaba desempeñando funcións propias do seu posto de traballo.
De forma resumida, solicitouse, o seguinte:
1. Copia do informe da avaliación de riscos efectuada no Centro de Traballo SCACE da Coruña con especial mención, por si se realizou un apartado concreto, da VALORACION e MEDIDAS aconselladas respecto dos posibles riscos que os traballadores poden chegar a afrontar a consecuencia do traballo que deben desenvolver fóra do seu Centro de Traballo.
2. Copia do informe das avaliacións de riscos realizadas en todos os Servizos Comúns de Actos de Comunicación e Embargos de Galicia, coa mesma especial mención que, no apartado anterior.
3. Informe sobre a adopción de medidas de carácter preventivo para mellorar os niveis de protección da seguridade e saúde dos traballadores que desenvolven as súas funcións nos Centros de traballo arriba indicados, propoñéndose a debate entre os membros do Comité: a posibilidade de que se lle faga entrega aos traballadores que teñan que practicar dilixencias fóra do seu Centro de Traballo algún sistema GPS conectado ao Organismo integrante das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que, en cada territorio, sexa o competente para que poida acudir de forma inmediata ó lugar onde se estea producindo un incidente que constitúa unha situación de perigo para a seguridade e saúde do traballador.
4. Que se facilite copia do procedemento que regule os trámites previos á declaración que concede "licenza por accidente de traballo ou enfermidade laboral", para poder informar a todos os traballadores qué terían que facer nestes concretos casos para poder acceder ás prestacións sanitarias e, no seu caso, indemnizacións que MUGEJU ten establecido para este tipo de situacións.
5 Que se nos facilite os modelos de "os partes de accidente" que os traballadores deben cubrir neses casos a fin de poñelos á súa disposición en cada un dos Centros de traballo do territorio galego.
6. Que se nos facilite os datos existentes sobre accidentes (e incidentes) de traballo, especificando as causas dos mesmos, gravidade, medidas adoptadas se as houber, etc dos ULTIMOS CINCO ANOS.