En
escrito dirixido a Direccion Xeral, solicitamos que se expida unha nova tarxeta
de identificación, donde no figure o nome e os apelidos nin o número do DNI,
para os funcionarios dos Corpos de Auxilio e Xestión que deben sair fora da
sede do xulgado ou servizo de notificacións a realizar actos de comunicación e
execución, e por suposto se lles expida tamen ó resto de funcionarios/as que a
soliciten.
Dentro das funcións do Corpo
de Auxilio Xudicial atópanse a realización de notiicacións, citacións,
emplazamentos e requerimentos fora da Sede Xudicial e acompañados do correspondente
membro do Corpo de Xestión, en comisión Xudicial, deben realizar fora dos
Xulgados embrgos, lanzamentos, precinto de vehículos, remoción de depósitos,
posesións de bens inmobles, etc.
En tódalas funcións descritas
cando se realizan fora da Sede Xudicial, os membros do Corpo de Auxilio e de
Xestión no seu caso, poden ser requeridos polos interesados a mostrala
identificación que os acredite como membos do corpo e como integrantes do
Xulgado ou Servicio Común de Notificacións e Embargos correspondente.
Si ben é certo que tódolos
integrantes da Administración de Xustiza en Galicia, titulares e interinos, posúen unha tarxeta identificativa que ademáis se
usa para o control horario e para a solicitude de permisos e licenzas, creemos
que esa tarxeta é mais adecuada para uso interno e non é válida para mostrar
a identificación fora da sede xudicial, pois nela figuran o noso nome, os nosos
apelidos e o noso número de D.N.I., o que choca frontalmente co disposto na
Lei de Protección de Datos e ademáis crea unha sensación de inseguridade nos
funcionarios, pois calquera pode acceder o seu nome completo e DNI.
A propia orden de 12 de
setembro de 2012 crea un medio alternativo á tarxeta que utilizamos, para
supostos excepcionais e por motivos de seguridade, trátase doutra tarxeta donde
figurará a foto do titular, un código alfanumérico de identificación, o corpo o
que se pertece e a unidade onde se presta servizos.
Velo escrito completo co selo de presentación