Publicouse hoxe no DOG a RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 18 de xuño.
DOG
- mesa electoral situada no mesmo local ou edificio poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.
- mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.
- mesa electoral situada en localidade distinta poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.
Os compoñentes das mesas e os interventores e apoderados das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.