jueves, 6 de marzo de 2014

Acordo de Xustiza con Sanidade para controlar as baixas médicas.

Onte publicouse no DOGA, un acordo entre a Conselleria de Sanidade  e otras Consellerias da Xunta de Galicia, entre elas a de Xustiza, para facer efectivo un control sobre as incapacidades temporais (baixas).
Dentro do obxecto deste acordo de encomenda de xestión desenvolverase un programa especial de inspección e control da incapacidade temporal por parte dos servizos de Inspección Sanitaria da Consellería de Sanidade.
O obxecto do acordo de encomenda de xestión é propiciar unha colaboración eficiente entre os diferentes departamentos da Xunta de Galicia para levar a cabo o control da prestación sanitaria por incapacidade temporal do empregado público da función pública galega adscrito, para os efectos deste aseguramento, ao mutualismo administrativo de Muface e Muxexu.
Trátase, por tanto, de comprobar que o absentismo por incapacidade temporal se adecúe a situacións médicas reais en que o repouso laboral debe formar parte do tratamento clínico, o que cumpriría con dúas premisas esenciais que garantirán unha maior eficiencia na Administración da Xunta de Galicia para:
1. Evitar a potencial existencia de prácticas que desvirtúen a esencia da prestación.2. Reducir as repercusións económicas das prácticas incorrectas dentro do capítulo I dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia.En consecuencia, o acordo define o ámbito de aplicación, concreta as cuestións de competencia e a colaboración entre as unidades e axentes implicados para acadar con éxito un área do programa especial de inspección e control da incapacidade temporal, no ámbito do empregado público que pertence ao réxime especial da Seguridade Social de funcionarios civís do Estado e da Administración de xustiza xestionado por Muface e Muxexu, respectivamente, non sometido ata este momento a ningún control por parte das unidades de saúde laboral da Inspección Sanitaria.O acordo de encomenda de xestión entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá efectos ata o 31 de decembro de 2016; poderá ser prorrogado por períodos anuais. 
Ver DOGA