martes, 4 de marzo de 2014

Aclaracións respecto do Expurgo Xudicial.

     A Subdirectora de Xustiza informounos do que a Dirección Xeral considera importante dar a conocer, con motivo do Expurgo de documentación xudicial que se vai levar a cabo, de forma xeral, en tódolos Xulgados de Galicia.
A normativa que van aplicar son o Real Decreto 937/2003, de 18 de Xullo, de modernización dos Arquivos Xudiciais e o Decreto 46/2009, de 26 de Febreiro, sobre Arquivos Xudiciais Territoriais e da Xunta de Expurgo de documentación xudicial de Galicia.
   Manifestounos que a Xunta de Expurgo conta, ou vai contar, con persoal especializado para levar a cabo a súa labor de selección dos expedientes que se teñen que destruir  e daqueles, que por mor do seu interés histórico ou documental, se teñen que conservar. Afirma que eso non é laboura dos funcionari@s de Xustiza, por non ser a súa función, nin estar preparados para dito cometido, o mesmo tempo dixo que a manipulación dos expedientes ben para destruir, ben para conservar, se vai a facer por persoal da empresa contratada ao efecto.
    Por outra banda, dí  a Subdirectora que facela relación de expedientes que cada órgano xudicial ten que elevar a Xunta de Expurgo, SÍ é función do persoal da Administración de Xustiza, basándose para esta afirmación no disposto na Disposición Adicional Novena do Real Decreto 937/2003, cando dí textualmente: En el plazo de seis meses desde la entrada en vigor de este real decreto, los secretarios judiciales a cuyo cargo estuviera el archivo del órgano judicial en el que están destinados dispondrán la elaboración de los listados necesarios que contengan toda la documentación judicial a la que resulte de aplicación lo dispuesto en el artículo 15”. Considerando a Dirección Xeral que esa Disposición Adicional faculta ós Secretarios para ordenarnos facelas listas de expedientes, e a nós creanos a obriga de facelas. Ademáis sinala que hai unha Instrucción da Secretaria de Goberno do TSJ na que se faculta os Secretarios para ordenar o persoal do Xulgado a elaboración das listas.
      STAJ vai estudar o alcance de todas estas normas, para determinar si a DXX ten ou non razón, mentras tanto propuxémoslle a Subdirectora, que as listaxes se fagan de maneira voluntaria por persoal de cada Xulgado, mediante un sistema de ampliación de xornada, incentivado económicamente, en horario de tarde, para non interferir no traballo diario dos Xulgados. O que sí xa temos claro, é que a nosa intervención no Expurgo, non pode ir máis ala de realización das listaxes, no seu caso.
Decreto sobre arquivo xudiciais territoriais e xunta de expurgo de Galicia
Real Decreto de modernizacion dos arquivos xudiciales