Como sabedes dende hai un mes, porque así o dispuxo unha sentenza, o ámbito territorial para conceder unha substitución vertical, pasou de ser, a localidade ou municipio, a ser todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, Staj non se opón a este cambio de ámbito territorial.
Este novo sistema, xenera sen embargo un problema, o persoal de Auxilio, pode solicitar en exclusiva, as prazas de toda Galicia, que saian en horizontal do seu Corpo, e ademáis teñen prioridade en tódalas prazas de Tramitación que saian en vertical, sobre as persoas dese mesmo Corpo. Asimesmo, as prazas que saian de Xestión, pidense primeiro en vertical polo Corpo de Tramitación, quedando para Xestión, solo as prazas que non foran cubertas polos de Tramitación en vertical.
Esto xenera unha descompensación entre Corpos a hora de poder optar a unha praza de sustitucion, coa que queremos acabar, ademáis o natural e o razoable e que as prazas que se cubran en sustitución sexan antes ofertadas as persoas do mesmo Corpo e despois a persoas do Corpo anterior, que teñan a titulación.
En este escrito solicitámoslle a Dirección Xeral de Xustiza, que cambie o actual sistema, e priorice as substitucións horizontais as verticais, e que se paguen estas últimas coas mesmas retribucións que as do Corpo a substituir .
Ver solicitude