miércoles, 17 de octubre de 2012

Aclaración da DXX, os cursos de formación son para todos os que obteñan praza no concurso.



Hai uns días a DXX remitianos e publicaba na Intranet, un anuncio do que se desprendía, que o persoal de fora de Galicia, que obtivera unha praza dentro da Comunidade, debería facer un curso de formación, para unha mellor adaptación o posto e o traballo que ía a desenrollar no novo destino.
Pois eso, que nos extrañaba un pouco a tod@s, que non fose tamén dirixido a xente que ten a praza de orixe dentro de Galicia, acabase de reformar  nunha nota aclaratoria que vos deixamos literalmente:

Con respecto á nova publicada na intranet de xustiza e que anteriormente lles foi adiantada, relativa ao curso de formación para o persoal que cambie de destino por mor do concurso de traslados, quixeramos facer a seguinte aclaración:
O curso de formación para o persoal que cambie de destino como consecuencia do concurso de traslados  está previsto para todos e cada un dos concursantes, non exclusivamente para aqueles que proceden doutras comunidades autónomas.
Subdirección Xeral de Persoal
da Administración de Xustiza
Telf.: 981546219 Fax 981546222