viernes, 24 de julio de 2020

O Ministro de Xustiza pretende transformar os xulgados de paz

O departamento de Campo tomará ao pequeno municipio burgalés  de  Lerma como experiencia piloto para poñer en marcha un proxecto que pretende facilitar as relacións da cidadanía no acceso á Administración de Xustiza e estenderase ao resto do país. Transformará os tradicionais xulgados de paz.

Campo explicou que se trata dun servizo que pretende integrarse nos hábitos dos cidadáns para servirlles na información, asesoramento e a tramitación, á vez que lles facilita todo o apoio e acompañamento que necesitan en xeral todas as persoas, pero especialmente os máis vulnerables, como as persoas maiores e os discapacitados, no seu achegamento á Xustiza. Para o ministro, estes espazos terán máis posibilidades, se se aproveita a tecnoloxía para crear estruturas sólidas ao longo do territorio.

Juan Carlos Campo insistiu no obxectivo do Ministerio de “levar a política e as decisións políticas ao territorio, á España máis aló de Madrid e procurar tamén a proximidade á Xustiza”. “A obsesión do Goberno e deste Ministerio – subliñou é que todos os servizos públicos estean accesibles ao cidadán en algo que, por outra banda, é doutrina do Tribunal Constitucional: a proximidade  dos ámbitos de resposta ao cidadán e, despois, unha organización eficaz”.


Sostén o ministro que “a Oficina de Xustiza no municipio pode ser un mecanismo que transforme os tradicionais xulgados de paz”. “É un primeiro  chanzo, un primeiro contacto da cidadanía coa Xustiza, que vai acompañar a ese cidadán nos seus trámites e o seu asesoramento para facilitarlle a vida, que é o que teñen que facer as administracións”, concluíu.

VER A NOTICIA

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras