lunes, 25 de mayo de 2020

Resolución da DXX adaptando a Galicia a FASE 2 da desescalada. SEN QUENDAS DE TARDE

Presenza do persoal.
Os xulgados e fiscalías en servizo de garda deberán contar con toda a dotación do persoal que preste o servizo de garda para atender debidamente o servizo.
O persoal destinado no Rexistro Civil deberá asistir na súa totalidade cando o letrado da Administración de xustiza responsable considere que é imprescindible para a correcta prestación do servizo.
O persoal adscrito ás gardas dos equipos técnicos de menores e os auxiliares de autopsia deberán seguir prestando os seus servizos ao 100%.
Nos demais órganos xudiciais e fiscais, así como no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), e atendendo á natureza e necesidades dos mesmos, nesta segunda fase acudirá de forma presencial entre un 60 e un 70% dos efectivos dos corpos de xestión, tramitación e auxilio xudicial que presten servizos en cada órgano ou servizo, de acordo coa táboa anexa á presente resolución.
A cobertura dos postos de traballo nos distintos órganos realizarase mediante quendas rotatorias diarias entre os funcionarios de cada órgano, nas que preferentemente se atenderá ao criterio de voluntariedade. Na súa falla, os funcionarios das distintas quendas serán designados polos fiscais xefe, letrados da Administración de xustiza ou directora do Imelga.
O persoal que non se encontre prestando servizos presenciais estará á disposición da súa unidade funcional, para o cal deberá estar dispoñible e plenamente localizable durante toda a xornada laboral.
2. Quendas de mañá e tarde.
Estableceranse quendas de tarde cando o número de funcionarios que acuda a cubrir a quenda de traballo impida garantir o mantemento das medidas de seguridade nas condicións previstas no anexo III da Orde JUS/394/2020, do 8 de maio.
Para o suposto de que exista algún espazo dos órganos xudiciais,  das fiscalías, ou servizos nos que non se poida garantir as distancias mínimas de seguridade de aproximadamente 2 metros, ou cando non se dispoña de barreiras físicas tales como anteparos ou paneis que manteñan a separación efectiva, tales circunstancias deberanse comunicar á Dirección Xeral de Xustiza a través dos superiores funcionais para, logo da súa comprobación, determinar o establecemento das quendas de mañá e tarde nas condicións previstas no anexo III da Orde JUS/394/2020, do 8 de maio.
Polo que se refire aos servizos de actos de comunicación e execución, dada a natureza da súa actividade, así como a preeminencia das comunicacións telemáticas, durante esta fase 2 os seus superiores funcionais deberán organizar a asistencia dos funcionarios de forma graduada a fin de evitar a coincidencia presencial da total dotación determinada pola presente resolución, sempre que así sexa preciso por non se poderen garantir as distancias ou por non se dispoñer das barreiras físicas mencionadas no parágrafo anterior.
As fiscalías provinciais e de área, a través dos seus superiores funcionais, poderán establecer as quendas mediante unha distribución que teña en conta o persoal en teletraballo, de tal xeito que ata o 50% do persoal determinado nesta resolución ao que non lle corresponda servizo de garda poderá prestar o seu traballo a través desta modalidade, e o outro 50% de forma presencial.
3. Procedemento de revisión da presenza por razóns do servizo.
Os responsables funcionais dos órganos ou servizos (fiscais xefe, letrados da Administración de xustiza ou subdirectores do Imelga) poderán acordar así mesmo a presenza dunha porcentaxe de persoal superior á indicada cando así estea xustificado por necesidades do servizo, sempre tras autorización previa da Dirección Xeral de Xustiza.
A solicitude para o efecto seralle comunicada á Dirección Xeral de Xustiza a través do responsable superior correspondente (secretaria de Goberno, fiscal superior ou directora do Imelga).
No se poderá autorizar esta mellora cando sexa incompatible cos criterios de saúde laboral sobre ocupación dos espazos.
4. Exclusión formal de participación en quendas.
Exclúese da participación nas quendas presenciais:
a) O persoal que teña recoñecidos permisos por patoloxías susceptibles de agravarse por efecto da Covid-19, en tanto o servizo de prevención non verifique en que condicións pode prestar servizos en situación de seguridade.
O persoal incurso nesta causa de exención deberá acreditar no prazo de dous días dende a publicación desta resolución ante o respectivo servizo de persoal de xustiza que presentou a correspondente solicitude de avaliación da súa situación por parte do servizo de prevención, requisito imprescindible para que se lle autorice o correspondente permiso durante a presente fase de desescalada. O permiso concederase con carácter provisional, sempre que quede acreditada a presentación da dita solicitude, e en tanto o mencionado servizo non emita o correspondente informe.

b) O persoal que teña recoñecidos permisos por razón de deber inescusable, que non poida flexibilizar o seu horario de traballo ou que non poida desenvolver a súa actividade ordinaria na modalidade de teletraballo. O referido permiso, nesta fase 2 da desescalada, afecta aos empregados:
Con fillos menores de 14 anos que convivan co funcionario, ou a aqueles cuxo exercicio da garda ou custodia lles impida a normal participación nas quendas presenciais.
Xustificarase no prazo de dous días dende a publicación desta resolución, mediante fotocopia do libro de familia e volante de empadroamento onde     conste a convivencia. Este volante poderase substituír por declaración     responsable.
 Con persoas maiores de 14 anos dependentes ao seu cargo que necesiten atención para realizar actividades básicas da vida diaria.
Xustificarase no prazo de dous días dende a publicación desta resolución, mediante documento expedido polo organismo competente, no cal conste a situación de dependencia ou peche do centro.
O persoal que solicite permiso por deber inescusable deberá achegar unha declaración responsable en que se indique que non hai outra persoa que se poida facer cargo do seu coidado. No suposto de que ambos os proxenitores ou responsables dos menores ou dos maiores de 14 anos dependentes teñan a condición de empregados públicos, só un deles poderá facer uso deste permiso, debendo facer constar na declaración a dita circunstancia.
Os permisos por deber inescusable concedidos na fase anterior enténdense prorrogados ata o día 25 de maio. Dende esa data, o persoal deberá solicitar o novo permiso a través da OPAX.
5. Realización de funcións mediante teletraballo.
Os funcionarios voluntariamente acollidos á modalidade de teletraballo participarán nas quendas presenciais cando sexa imprescindible para completar as porcentaxes de prestación de servizos en réxime presencial.
 6. Xornada diaria de traballo.
Nesta fase 2, con carácter xeral, a xornada diaria de traballo comprenderá seis horas continuadas de presenza efectiva entre as 7:30 h e as 15:00 h, coas especialidades correspondentes ao servizo de garda e Rexistro Civil.
7. Entrada en vigor.

A presente resolución entrará en vigor o 26 de maio de 2020.
Ver a Resolución completa


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras