lunes, 25 de mayo de 2020

Reunión coa DXX. Aclaración e criterios de interpretación da súa Resolución para a FASE 2

Rematada a reunión por videoconferencia coa Dirección Xeral de Xustiza, e deixámosvos as aclaracións e interpretacións que nos diron respecto da Resolución da propia DXX de cara a adaptar a Orde do Ministerio a FASE 2 da desescalada en Galicia que entrará mañán en vigor, e da que xa vos informamos hoxe sobre as 11 da mañán.  Podédela ver premendo neste enlace:http://stajgalicia.blogspot.com/2020/05/resolucion-da-dxx-adaptando-galicia.html


-   O persoal presencial será do 60% en cada órgano, tendo en conta a plantilla efectiva que eles interpretan como total ou integra), oficina ou servizo xudicial, salvo as Fiscalías onde poderán ir presencialmente a metade dese 60% sempre que o resto estea teletraballando. Na Fiscalía de A Coruña instalaranse hoxe mamparas entre mesas. Nos servizos de Notificacións os LAJs distribuirán ao persoal para que non coincidan todos as mesmas horas nas oficinas.

-      Sacarán ao longo do día de hoxe unha táboa co número concreto de persoal que debe acudir por día a cada órgano.

-      O horario será de 6 horas entra as 7:30 e as 15:00, sen horario flexible. Podendo saír co  horario cumprido a partires das 13:30 sen necesidade de estar no horario de atención ao público.

-      De xeito xeral a xornada solo será de mañán, salvo que por razóns sanitarias, se solicitase a través dos LAJs, de xeito voluntario, pero solo por razóns sanitarias ou de espazo mínimo.
-      Os porcentaxes das  quendas de mañán inclúe a tódolos funcionarios e Corpos de cada órgano, oficina e servizo. 
-      Os que solicitaron a través do Servizo de Prevención o permiso por persoa sensible, non entrarán na quendas durante a tramitación da súa solicitude polo Servizo de Prevención.

-      Os que estean teletraballando tampouco entrarán nas quendas de mañán, salvo que sexan necesarios para alcanzar os porcentaxes mínimos de presencia. O teletraballo poderá seguir durante as FASE 4 e ata o mes de agosto.

-      Os LAJs poderán ampliar o porcentaxe, previo informe e solicitando ese ampliación a través dos Coordinadores e da Secretaría de Goberno do TSX, e contando coa conformidade do DXX.

-      Os que teñan permiso por deber inescusable, menores de 14 anos e maiores de 14 con dependencia, deberán solicitar o permiso de novo no prazo de 2 dias dende mañán martes, se non o fixeron aínda, o permiso polo OPAX aportando os xustificantes pertinentes. Este permiso, no caso de menores de 14, están estudando o seu remate co fin do curso escolar.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras