Presenza do persoal.
Os xulgados e fiscalías en servizo de
garda deberán contar con toda a dotación do persoal que preste o servizo de
garda para atender debidamente o servizo.
O persoal destinado no Rexistro Civil
deberá asistir na súa totalidade cando o letrado da Administración de xustiza
responsable considere que é imprescindible para a correcta prestación do
servizo.
O persoal adscrito ás gardas dos equipos
técnicos de menores e os auxiliares de autopsia deberán seguir prestando os
seus servizos ao 100%.
Nos demais órganos xudiciais e fiscais,
así como no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), e atendendo á
natureza e necesidades dos mesmos, nesta segunda fase acudirá de forma
presencial entre un 60 e un 70% dos efectivos dos corpos de xestión,
tramitación e auxilio xudicial que presten servizos en cada órgano ou servizo,
de acordo coa táboa anexa á presente resolución.
A cobertura dos postos de traballo nos
distintos órganos realizarase mediante quendas rotatorias diarias entre os
funcionarios de cada órgano, nas que preferentemente se atenderá ao criterio de
voluntariedade. Na súa falla, os funcionarios das distintas quendas serán
designados polos fiscais xefe, letrados da Administración de xustiza ou
directora do Imelga.
O persoal que non se encontre prestando
servizos presenciais estará á disposición da súa unidade funcional, para o cal
deberá estar dispoñible e plenamente localizable durante toda a xornada
laboral.
2. Quendas de mañá e tarde.
Estableceranse
quendas de tarde cando o número de funcionarios que acuda a cubrir a quenda de
traballo impida garantir o mantemento das medidas de seguridade nas condicións
previstas no anexo III da Orde JUS/394/2020, do 8 de maio.
Para o suposto de que exista algún
espazo dos órganos xudiciais, das
fiscalías, ou servizos nos que non se poida garantir as distancias mínimas de
seguridade de aproximadamente 2
metros , ou cando non se dispoña de barreiras físicas
tales como anteparos ou paneis que manteñan a separación efectiva, tales
circunstancias deberanse comunicar á Dirección Xeral de Xustiza a través dos
superiores funcionais para, logo da súa comprobación, determinar o
establecemento das quendas de mañá e tarde nas condicións previstas no anexo
III da Orde JUS/394/2020, do 8 de maio.
Polo que se refire aos servizos de actos
de comunicación e execución, dada a natureza da súa actividade, así como a
preeminencia das comunicacións telemáticas, durante esta fase 2 os seus
superiores funcionais deberán organizar a asistencia dos funcionarios de forma
graduada a fin de evitar a coincidencia presencial da total dotación
determinada pola presente resolución, sempre que así sexa preciso por non se
poderen garantir as distancias ou por non se dispoñer das barreiras físicas
mencionadas no parágrafo anterior.
As fiscalías provinciais e de área, a
través dos seus superiores funcionais, poderán establecer as quendas mediante
unha distribución que teña en conta o persoal en teletraballo, de tal xeito que
ata o 50% do persoal determinado nesta resolución ao que non lle corresponda
servizo de garda poderá prestar o seu traballo a través desta modalidade, e o
outro 50% de forma presencial.
3. Procedemento de revisión da presenza
por razóns do servizo.
Os responsables funcionais dos órganos
ou servizos (fiscais xefe, letrados da Administración de xustiza ou
subdirectores do Imelga) poderán acordar así mesmo a presenza dunha porcentaxe
de persoal superior á indicada cando así estea xustificado por necesidades do
servizo, sempre tras autorización previa da Dirección Xeral de Xustiza.
A solicitude para o efecto seralle
comunicada á Dirección Xeral de Xustiza a través do responsable superior
correspondente (secretaria de Goberno, fiscal superior ou directora do Imelga).
No se poderá autorizar esta mellora
cando sexa incompatible cos criterios de saúde laboral sobre ocupación dos
espazos.
4. Exclusión formal de participación en
quendas.
Exclúese da participación nas quendas
presenciais:
a) O
persoal que teña recoñecidos permisos por patoloxías susceptibles de agravarse
por efecto da Covid-19, en tanto o servizo de prevención non verifique en
que condicións pode prestar servizos en situación de seguridade.
O persoal incurso nesta causa de
exención deberá acreditar no prazo de dous días dende a publicación desta
resolución ante o respectivo servizo de persoal de xustiza que presentou a
correspondente solicitude de avaliación da súa situación por parte do servizo
de prevención, requisito imprescindible para que se lle autorice o
correspondente permiso durante a presente fase de desescalada. O permiso
concederase con carácter provisional, sempre que quede acreditada a
presentación da dita solicitude, e en tanto o mencionado servizo non emita o
correspondente informe.
b) O
persoal que teña recoñecidos permisos por razón de deber inescusable, que
non poida flexibilizar o seu horario de traballo ou que non poida desenvolver a
súa actividade ordinaria na modalidade de teletraballo. O referido permiso,
nesta fase 2 da desescalada, afecta aos empregados:
Con fillos menores de 14 anos que convivan co funcionario, ou a
aqueles cuxo exercicio da garda ou custodia lles impida a normal participación
nas quendas presenciais.
Xustificarase no prazo de dous días
dende a publicación desta resolución, mediante fotocopia do libro de familia e
volante de empadroamento onde conste a
convivencia. Este volante poderase substituír por declaración responsable.
Con persoas maiores de 14 anos dependentes ao
seu cargo que necesiten atención para realizar actividades básicas da vida
diaria.
Xustificarase no prazo de dous días
dende a publicación desta resolución, mediante documento expedido polo
organismo competente, no cal conste a situación de dependencia ou peche do
centro.
O persoal que solicite permiso por deber
inescusable deberá achegar unha declaración responsable
en que se indique que non hai outra persoa que se poida facer cargo do seu
coidado. No suposto de que ambos os proxenitores ou responsables dos menores ou
dos maiores de 14 anos dependentes teñan a condición de empregados públicos, só
un deles poderá facer uso deste permiso, debendo facer constar na declaración a
dita circunstancia.
Os permisos por deber inescusable
concedidos na fase anterior enténdense prorrogados ata o día 25 de maio. Dende
esa data, o persoal deberá solicitar o novo permiso a través da OPAX.
5. Realización de funcións mediante
teletraballo.
Os
funcionarios voluntariamente acollidos á modalidade de teletraballo
participarán nas quendas presenciais cando sexa imprescindible para completar
as porcentaxes de prestación de servizos en réxime presencial.
6. Xornada diaria de traballo.
Nesta fase 2, con carácter xeral, a
xornada diaria de traballo comprenderá seis horas continuadas de presenza
efectiva entre as 7:30 h e as 15:00 h, coas especialidades correspondentes ao
servizo de garda e Rexistro Civil.
7. Entrada en vigor.
A presente resolución entrará en vigor o
26 de maio de 2020.
Ver a Resolución completa
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras