A DXX acaba de enviar a nómina cos atrasos correspondentes ao 2,5% de todos os conceptos percibidos no ano 2025.
Como xa vos informamos o martes, esta nómina contempla a totalidade da cifra cobrada xa en decembro de 2025 e engade o desglose dos atrasos do 2,5% de todos os conceptos. Eses atrasos serán os que se ingresen na conta; non a cantidade total que aparece na nómina enviada, porque unha parte xa se cobrou na extra de decembro.
Para calquera aclaración, non dubidedes en contactarnos.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras