martes, 13 de enero de 2026

Nómina cos atrasos do 2,5% correspondentes ao ano 2025

Dende a DXX nos informan de que xa están elaborando e previsiblemente sobre o día 15 de xaneiro van pagar o importe correspondente á suba salarial do ano 2025, que é dun 2,5%

Esta cantidade vaise pagar nunha nómina aparte e, aínda que non temos confirmación, é posible que o formato da nómina sexa igual á de decembro do 2025, incrementada coa suba do 2,5%, polo que na nómina podería constar todo o que xa se cobrou en decembro máis o incremento do 2,5, pero solo ingresarán a cantidade dese incremento.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras