viernes, 11 de septiembre de 2026

Aprobados/as Xestión, Tramitación, Auxilio JUS 64/2024: STAJ pide que Galicia remita as prazas que se van ofrecer aos tres corpos

STAJ presentou hoxe escrito dirixido á Dirección Xeral de Xustiza solicitando que remitan as prazas que se van ofrecer aos aprobados do proceso selectivos 64/2024. 

Unha vez finalizados os procesos de estabilización e promoción interna;  e estando á espera da solicitude inminente de destinos das persoas aprobadas nos tres corpos de turno libre convocados por Orde JUS 64/2024 unido a que hai Comunidades que xa deron a coñecer as prazas que van ofertar nos seus territorios, STAJ ve necesario cortar a incertidume deste colectivo que leva esperando tanto tempo para tomar posesión da súa praza e darlle a coñecer por parte da Dirección Xeral de Xustiza  a relación das prazas que se van ofrecer ás persoas aprobadas dos tres corpos (Gestión, Tramitacion e Auxilio Judicial) neste proceso selectivo.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras