viernes, 24 de enero de 2020

Chamamentos de persoal interino na provincia de Pontevedra.

Este mércores  24 de xaneiro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas  ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir ningunha persoa na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva dese corpo.
As  prazas ofertadas son:
  • 3 REFORZOS CTPA FISCALIA DE VIGO
  • 3 REFORZO CTPA FISCALIA DE PONTEVEDRA
  • 1 REFORZO CTPA XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA
Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde  do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos inte­grantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo in­mediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.

Ofrecidas as prazas as persoas disponibles nos corpos de CXPA e CAX, a persoa disponible na bolsa de XESTION NON ACEPTA NINGUNHA DAS PRAZAS, E A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE AUXILIO XUDICIAL ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE VIGO .

O Xoves 23 de xaneiro de 2020 CESA UNHA INTERINA NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E O DIA 24 DE XANEIRO QUEDA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN.

O MESMO DIA 24 DE XANEIRO OFRECENSELLE AS PRAZAS DISPONIBLES A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE PONTEVEDRA .

Ao non existir ningunha persoa mais dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma para cubrir os postos que quedan sen cubrir:

    • 2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE VIGO
    • 2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE PONTEVEDRA
    • 1 REFORZO CTPA XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.