lunes, 1 de julio de 2019

STAJ gaña a primeira sentenza en Galicia que recoñece como permiso por "deber inexcusable" o quedarse na casa a cuidar un fillo/a menor no caso de enfermidade.

Como xa vos anunciaramos fai unhas semanas STAJ presentou varias demandas en distintos Xulgados de Galicia, demandas que teñen por obxecto que se nos apliquen varios dereitos que a Xunta debe recoñecernos e que non nos están a  conceder. 
Falamos en concreto do permiso por deber inexcusable en caso dun/ha fillo/a enfermo, non hospitalizado, e que o médico lle recomenda descanso, repouso ou recuperación na casa. Tamén demandamos a posibidade de libranza despois dos 8 dias de gardas de dispoñibilidade, en base a unha Directiva europea e unha sentenza do TXUE.  Asimesmo demandamos polo dereito a dispoñer dun moscoso máis, cando os días 24 e 31 de decembro coinciden en dias de semana e estamos de garda de dispoñibilidade, teñamos que acudir ou non a traballar, dereito recoñecido nunha norma da propia DXX e que xa no ano 2016 concedeu a tod@s, e sen embargo este ultimo nadal non admitiu.

O venres pasado nos notificaron a sentenza, a primeira en Galicia, que recoñece como un permiso por deber inexcusable de caracter publico ou persoal e deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral,  a posibilidade de cuidar e velar polos fillos/as menores no caso de enfermidade non grave, nas que se recomende mediante informe médico reposo, descanso ou recuperación do menor na casa . Ata agora concedian o tempo necesario para levalo fillo/a ao médico, pero despois para quedar con  eles/as na casa debías a coller días de asuntos propios. A sentenza fundamentase na obriga que témolos pais de cuidar e velar polos fillos menores recollida no artigo 110 do Código Civil, o que se considera un deber de cáracter  público e privado e que si non se cumple pode ter consecuencias civís e penais para os proxenitores.

A sentenza dispón que no caso de que un fillo/a menor enferme, sen que sexa necesario a súa hosptalización, debemos acudir ao médico, e en base ao certificado expedido polo facultativo que prescriba descanso, repouso o recuperación do menor na casa, solicitaremos o permiso, que pode ser igual en número de días aos prescritos para a recuperación do menor.

A Sentenza no é firme, contra ela cabe recurso de Apelación, e aínda que cremos que a calidade da fundamentación  do fallo deixa pouco espazo a súa revisión polo TSXG, esperaremos o prazo de interposición do recurso, e se é o caso, reclamar a súa extensión a tódolos funcionarios/as de Xustiza.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.